Notas de prensa

Citroën aposta pola formación como garantía de futuro e entrega material didáctico para aulas de FP

O conselleiro de Cultura e Educación participou no acto simbólico de entrega dun Citroën C4 Picasso, tres caixas de velocidade e tres motores, que servirán para mellorar a cualificación do alumnado de centros educativos das 4 provincias e como material didáctico para o seu emprego nas aulas de FP galegas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, valorou a aposta de Citroën como unha garantía de futuro no marco dun acto simbólico de entrega de material didáctico celebrado nas instalacións da compañía en Vigo. En concreto, o Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën vén de donar á Consellería un Citroën C4 Picasso, tres caixas de cambios e tres motores, equipamento que será utilizado polo alumnado dos ciclos formativos da familia da Automoción de centros educativos das 4 provincias galegas.

Esta doazón enmárcase no acordo asinado entre ambas as partes o pasado ano para promover al FP na rama do automóbil. Ao abeiro do mesmo a compañia cedeu tamén en abril deste ano un Peugeot Partner ao IES nº1 de Ordes.

A formación como base do crecemento económico

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu ao director do Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, Juan Antonio Muñoz Codina, o compromiso da empresa coa educación como unha vía fundamental para acadar a mellor cualificación para “un alumnado que mañá traballará no tecido produtivo galego”. Neste sentido sinalou ademais esta colaboración como unha retroalimentación, na que que a compañía está a investir na formación de persoas que nun futuro inmediato serán axentes fundamentais para o crecemento e innovación na súa industria. “Este compromiso de Citroën coa FP galega é mostra dunha cultura empresarial consciente de que a formación é a base máis solida do crecemento económico”, unha aposta que están a poñer de manifesto tamén centos de empresas do tecido socioprodutivo galego que colaboran cos centros de FP, ben sexa no desenvolvemento de proxectos innovadores, na Formación en Centros de Traballo (FCT) ou na progresiva implantación da FP Dual.

Pola súa parte o director do Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën,Juan Antonio Muñoz Codina, resaltou “a implicación da planta co seu entorno e a súa acción decidida por contribuír á acción formativa dos futuros profesionais do automóbil de Galicia”.

Ao acto asistiron, ademais, a delegada da Xunta en Vigo, Mª José Bravo Bosch; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e mais o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES