
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na apertura das Xornadas Profesionais sobre a LOMCE, homologadas pola Consellería. As sesións desenvolveranse entre hoxe e mañá en quenda de tarde e analizarán a visión, os valores e a misión da LOMCE. Na súa intervención inaugural Váquez Abad subliñou que a nova Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, nace para afrontar retos como a mellora das taxas de abandono escolar temperá e os niveis formativos en relación cos estándares internacionais.
O titular da Consellería fixo fincapé en que a nova lexislación aposta por un sistema educativo flexible, público e de calidade; reforza a coordinación entre Estado, Comunidade Autónoma e centros; e pon en valor a cultura do esforzo. Vázquez Abad engadiu que a LOMCE promove e fortalece a autoridade do profesor, así como a profesionalización da dirección dos centros; anticipa a elección de itinerarios formativos; establece programas de melloras, e reforza a FP. En canto aos contidos destacou que o aspecto xeral xa non é a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das capacidades individuais, de xeito que o novo decreto de Educación Primaria aposta pola aprendizaxe competencial, profundizando na comunicación lingüística, matemáticas, ciencias e tecnoloxía, ao tempo que mantén o equilibrio entre as linguas cooficiais e a consolidación da aprendizaxe das estranxeiras.
Vázquez Abad explicou ademais a implantación do sistema en Galicia que, no vindeiro curso 2014/2015, comezará a aplicarse en 1º,3º e 5º de Educación Primaria, coa previsión dunha avaliación en 3º; do mesmo xeito que comezará a desenvolverse no 1º curso da FP Básica.
Nas previsións para o 2015/2016, a posta en marcha da nova lei afectará a 2º,4º e 6º de Primaria, cunha avaliación final no último curso desta etapa educativa; ao igual que a 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato. Finalmente, na FP Básica implementarase no 2º curso, ademais de introducirse melloras en 1º e 2º do Grado Medio de FP.
A adaptación rematará no 2016/2017, establecéndose no 2º e 4º da ESO, neste último cunha avaliación final; e tamén no 2º curso de Bacharelato, con avaliación final.
Programa e sesións
As Xornadas Profesionais sobre a realidade educativa actual e as súas perspectivas ante os cambios na lexislación centran a temática no alcance da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa. No día de hoxe ofrécense dúas conferencias sobre a LOMCE: Misión, Visión e Valores e Xestación, debate e alcance na práctica educativa, a cargo do director xeral de Avaliación e C. Territorial do Ministerio de Educación, José Ignacio Sánchez Pérez; e do membro da Permanente do Consello Escolar do Estado, José Francisco Venzalá González. Para finalizar, unha mesa redonda aberta ao público que coordina o inspector técnico de educación, Enrique Álvarez Roales.
A xornada de mañá comezará co relatorio do subdirector xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura e Educación, José Luís Canosa Baldomir, titulado Desenvolvemento e xestión da LOMCE nos centros educativos galegos, tras o que se levará a cabo unha mesa redonda na que intervirán o inspector xefe territorial da Xunta en Ourense, José Fisteos Suengas; o director do centro de Formación e Recursos de Ourense, José Domínguez Alonso; o director do CIFP A Farixa de Ourense, José Miguel Reza Pérez e o director do CEIP Vicente Risco, Roberto Lloves González. O programa rematará coa clausura das xornadas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.