O titular de Cultura destacou que a estadía da familia entre 1916 e 1921 na Pobra do Caramiñal coincide cunha etapa feliz dos Valle-Inclán Blanco, e o desexo de Valle-Inclán de fundar unha casa e unha estirpe ligada á terra do Barbanza, unhas arelas de posteridade que, en certo xeito, se proxectan na figura do seu xenro, Daniel Devoto, e da súa filla, doña Mariquiña, e na súa vontade de logo dunha vida lonxe da Pobra, repousar na terra matria que a viu nacer, expuxo Vázquez Abad.
Na súa intervención, o conselleiro tamén aludiu á figura literaria de don Ramón María del Valle-Inclán. O autor que creou en Galicia, ao que tivo presente a Terra, ao que a interiorizou, a soñou e recreou á medida do seu xenio.
O acto de homenaxe comezou ás 12 h., cunha recepción das autoridades na Casa do Concello; trasladándose posteriormente os participantes ao cemiterio da parroquia de Santo Isidoro de Postmarcos, onde se realizou a ofrenda e intervencións da homenaxe institucional. O conselleiro estivo acompañado no acto polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras Rivas; o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán; o reverendo Marcelino Sánchez Somoza, cura párroco de Santo Isidoro de Postmarcos; o poeta Xoán Xosé Fernández Abella; e o fillo da parella homenaxeada, Jorge Devoto del Valle-Inclán.
Don Ramón, un galego universal
O conselleiro fixo fincapé no feito de que Valle-Inclán, o escritor universal, non podería ter sido don Ramón se non tivera nacido e medrado en Galicia, se non tivese mamado esta realidade humana e ideolóxica, constituínte e formante das súas calidades de autor.
Son por todos coñecidos títulos como Sonata de otoño, Divinas palabras, Flor de Santidad, Romance de lobos, Aromas de leyenda e outro bo feixe de obras que teñen unha forte impronta galega na súa expresión, tópica ou temática. Pero gustaríame ir un pouco máis alá e, concordando con vellos mestres e eminentes críticos como Francisco Fernández del Riego, Celestino Fernández de la Vega ou César Barja, dicir que case toda a obra de Valle ten latido galego, concluiu Vázquez Abad.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.