A promoción da vellez como unha etapa da vida positiva e do envellecemento activo e saudable como fórmula para vivir máis e mellor. Isto foi o que demostraron os máis de 5.000 maiores procedentes das catro provincias galegas que se achegaron dous días ata Galisenior e que participaron nas máis de 80 actividades organizadas para eles. As exhibicións de baile e ximnasia, as actividades de relaxación, os traballos manuais e as novas tecnoloxías foron algunhas das actividades que contaron con maior seguemento. Pero ademais da participación activa dos maiores, Galisenior 2014 abordou a situación actual dos maiores na sociedade a través das xornadas técnicas profesionais nas que participaron 35 relatores de España e Portugal e que foron seguidas os dous días por máis de 300 asistentes.
A segunda xornada estivo marcada pola visita de maiores dos centros sociocomunitarios de varios lugares de Ourense como Petín ou Celanova aos que se sumaron os maiores procedentes dos centros da Fundación Novacaixagalicia procedentes de Viveiro, Ferrol, Santiago, Vigo e Monforte que chegaron ata Expourense a pé logo de relaizar unha andaina dende o centro da cidade. Tamén visitaron o salón membros da Federación de Pensionistas e Xubilados da CC.OO. de toda Galicia.
No apartado máis profesional, Galisenior serviu de marco para o acto de celebración do 25º aniversario do programa de Termalismo Social do IMSERSO, no que Galicia con 19 balnearios asociados e o 10% das prazas encabeza a oferta española. Neste acto estiveron presentes o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e o xefe do servizo de tremalismo do IMSERSO, Julián Tejerizo. O termalismo social e o seu papel no envellecemento activo foi ademais o tema da mesa redonda que serviu para clausurar o programa de xornadas técnicas do salón.
Tamén se celebraron outras dúas mesas sobre envellecemento activo, a primeira sobre os maiores que habitan no medio rural e a segunda presentou experiencias en Galicia e Portugal.
Entre as actividades previstas para esta tarde destacan o obradoiro de podoloxía xeriátrica e os de cociña nipona e saudable, ademais do encontro interxeracional de Mus.
Polo que se refire á área expositiva, Galisenior presentou a oferta en produtos e servizos dirixidos aos maiores de 60 expositores entre os que se atopaban dende empresas de equipamento ou centros residenciais ata empresas espcializadas en aforro enerxético ou medios de comunicación especializados. A presenza destes expositores confirma que a chamada terceira idade abre un novo mercado que presenta un amplo abano de oportunidades para as empresas.
Rematan así dous días que converteron a Ourense no centro da xerontoloxía estatal. A vindeira cita en Expourense será o 17 de xuño coa celebración das Xornadas de Divulgación das Enerxías Renovables.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.