O 24 de abril, a Deputación de Ourense a través da súa Área de Benestar abriu a convocatoria "Ourense, a provincia termal", unha actuación enmarcada nas políticas sociais da institución provincial que oferta diferentes programas de benestar e promoción da saúde e o ocio a través do termalismo.
Este ano, a maiores do Programa de Estancias de 6 días/5 noites para maiores de 50 anos, engádese o Programa de Fins de Semana en Balnearios para todas as idades, cuxo obxectivo é o de contribuír ó desenvolvemento da cultura termal a través do coñecemento dos balnearios da provincia.
En todos os programas poderán participar cidadáns de toda Galicia con independencia do concello no que residan.
O procedemento administrativo para a presentación da solicitude e a concesión do programa será totalmente on-line, estando a administración provincial a disposición do cidadán as 24 horas do día, os 7 días da semana a través da dirección http://termalismo.depourense.es/
A concesión do programa, incluíndo o balneario solicitado e as datas de desfrute, resolveranse no mesmo proceso e no mesmo momento da presentación da solicitude. A dita solicitude poderaa presentar por internet o propio interesado ou de forma presencial a través de diferentes organismos públicos. No caso de que o cidadán opte por realizala dende un organismo poderá xestionala acudindo á Área de Benestar da Deputación de Ourense ou mediante os servizos sociais comunitarios dos concellos que así o consideren, os cales teñen que solicitarlle á Deputación de Ourense a habilitación para poder presentar en nome dos interesados a solicitude do programa.
43 concellos da provincia e 16 do resto de Galicia xa solicitaron a habilitación no proceso e os seus técnicos de servizos sociais xa poden xestionar solicitudes. Os concellos que xa teñen homologado o acceso á plataforma de administración electrónica que lle permitirá presentar solicitudes ós residentes nos seus concellos son: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barco de Valdeorras, Os Blancos , A Bola, Calvos de Randín, O Carballiño, Chandreixa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Leiro, Maceda, Mezquita, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Piñor, Pobra de Trives, Ribadavia, Riós, Sarreaus, Trasmiras, A Veiga, Verín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía ademáis dos pertencentes á Mancomunidade do Carballiño (Beariz, Boborás, O Irixo, San Amaro) e á Mancomunidade Terras de Celanova (Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás y Verea) xa teñen. Ademais, outros concellos do resto de Galicia tamén se interesaron por esta posibilidade: Lalín, O Rosal, Caldas de Reis, Catoira, Salceda de Caselas (Pontevedra), Barreiros, Burela, Cospeito, Lourenzá, Ourol, (Lugo), Culleredo, Miño, Neda, San Sadurniño, Tordoia e Valdoviño (A Coruña) xa lle solicitaron á Deputación de Ourense a habilitación e tamén poden presentar dende esta semana solicitudes.
Para calquera dúbida sobre o Programa de Termalismo, os interesados poden dirixirse á Área de Benestar da Deputación de Ourense a través do teléfono 988385191 ou consultar toda a información na web http://termalismo.depourense.es/
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.