Notas de prensa

Conxélanse un curso máis as taxas universitarias en Galicia

O presidente da Xunta confirma que Galicia será, un ano máis, a comunidade coas taxas universitarias máis accesibles de España ao conxelar as matrículas de grao para o curso 2014-2015, tanto en primeira como en sucesivas convocatorias.

“Decidimos conxelar, un ano máis, as matrículas de grao para o curso 2014-2015, tanto as primeiras matrículas como as sucesivas. Polo tanto, Galicia volverá ser, un ano máis, a comunidade autónoma coas taxas universitarias máis accesibles de España e Galicia volverá ser, un ano máis, o lugar onde estudar nas universidades sexa máis fácil para as familias e para os alumnos”. Así o salientou o mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, que hoxe abordou os prezos públicos dos graos universitarios.

“Un ano máis volvemos insistir na nosa idea de facer unha universidade pública accesible en Galicia. Levamos conxelando as taxas todos os anos desde que chegamos ao Goberno, na súa totalidade ou na primeira matrícula” aseverou Feijóo, lembrando que “iso nos ten permitido ser a comunidade autónoma máis accesible desde o punto de vista de cursar estudos universitarios do conxunto das universidades españolas”.

Feijóo incidiu en que Galicia é a comunidade coas taxas máis reducidas de toda España, tanto en primeira como en segunda matrícula. Non en van, cada crédito universitario na comunidade galega está por debaixo dos 12 euros, mentres que en Cataluña supera os 33 euros.

Ante estas cifras, o titular da Xunta afirmou que ter as taxas máis baixas de España “é bo para os estudantes, sen dúbida, e para as súas familias”, porque facilita a súa formación en momentos de crise económica; pero tamén, dixo, “é bo para Galicia”, porque “eses estudantes son os que van liderar Galicia nos próximos anos”. Por iso, abundou, “conscientes diso, temos decidido reforzar ese compromiso no curso 2014-2015”.

Feijóo precisou que arredor de 67.000 alumnos “non terán que pagar nin un euro máis para o próximo curso 2014-2015”.

Polo tanto, “Galicia volverá ser, un ano máis, a comunidade coas taxas universitarias máis baixas do Estado; este era o compromiso e esta proposta ímola remitir ao Consello Galego de Universidades e ímola debater -creo que con consenso- cos reitores das universidades galegas, aos que xa lles comunicamos, de forma extraoficial, a nosa decisión de volver conxelar, un ano máis, non só nas primeiras matrículas, senón tamén nas segundas matrículas as taxas universitarias”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-05-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES