A Deputación de Ourense xunto cos balnearios da provincia e os concellos con infraestruturas balnearias presentaron no Pazo Provincial o Programa de termalismo social Ourense, a provincia termal. O acto formalizado na sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e os balnearios da provincia contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o os representantes dos balnearios: Eduardo Laherran de la Sota, en representación do Balneario de Molgas, S.L; José María de la Figuera Vargas, en representación de COVAQUI, S.L, e Rafael Luaña de la Viña, en representación de Caldaria Termal, acompañados polos alcaldes de Lobios, Arnoia, O Carballiño, Cenlle e Baños de Molgas.
Segundo destacou Manuel Baltar este convenio reforza a aposta do goberno provincial polo termalismo, un dos eixos estratéxicos para o desenvolvemento da nosa provincia, destinándose para esta actuación un total de 70.000 euros. Baltar subliñou que este convenio é unha boa mostra da cooperación entre a administración pública e o sector privado, para un sector como o termalismo que ten que ser un pulo para o desenvolvemento social, económico e cultural da nosa provincia.
Esta actuación enmárcase dentro do Plan Provincial Termal que pon en marcha a Deputación de Ourense xunto coa Xunta de Galicia co obxectivo de atraer turismo e competitividade económica á provincia de Ourense, a provincia termal por excelencia.
Ao programa de estancias e tratamentos termais para maiores de 50 anos de 6 días/5 noites iniciado no 2013 sumarase este ano un novo programa Cultura Termal baseado en estancias de fin de semana para todas as idades. Ademais este ano abrirase o programa a persoas non residentes en concellos da provincia de Ourense.
Neste programa, que este ano establece un total de 1.500 prazas, a Deputación de Ourense implementa por primeira vez unha nova estratexia de administración electrónica que aportará máis facilidades aos cidadáns así como máis eficacia e eficiencia no procedemento administrativo da xestión das solicitudes.
O novo programa publicarase no BOP mañá xoves e poderanse presentar solicitudes a partir das 00:00 do venres 25 de abril.
A Deputación de Ourense, a través da súa Área de Benestar, abre desta maneira a convocatoria "Ourense, a provincia termal", unha actuación enmarcada nas políticas sociais da institución provincial que ofertará diferentes programas de benestar e promoción da saúde e o ocio a través do termalismo.
Este ano, a maiores do Programa de estancias de 6 días/5 noites para maiores de 50 anos, engádese o Programa de fins de semana en balnearios para todas as idades, cuxo obxectivo é o de contribuír ó desenvolvemento da cultura termal a través do coñecemento dos balnearios da provincia. En todos os programas poderán participar cidadáns de toda Galicia con independencia do concello no que residan.
Solicitudes
O procedemento administrativo para a presentación da solicitude e a concesión do programa poderá realizarse on-line, estando a administración provincial a disposición do cidadán as 24 horas do día, os 7 días da semana. A concesión do Programa, incluíndo o balneario solicitado e as datas de desfrute resolveranse no mesmo proceso e no mesmo momento da presentación da solicitude.
A solicitude poderaa presentar por internet o propio interesado ou de forma presencial a través de diferentes organismos públicos ou balnearios. No caso de que o cidadán opte por realizala dende un organismo poderá xestionala a través dos servizos sociais comunitarios dos concellos de toda Galicia que así o consideren.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.