Representantes de Turismo de Galicia participan na cidade de Almaty na presentación da oferta turística de Galicia aos operadores turísticos máis importantes de Kazajistán.
Esta presentación é a primeira que se realiza neste país asiático, un dos mercados emisores emerxentes con maior interese polos destinos turísticos españois.
Deste xeito, Turismo de Galicia tomará contacto cos axentes de viaxes de Kazajistán, na cidade máis importante do país, para amosarlles as posibilidades que ofrece a comunidade galega no ámbito turístico e o Camiño de Santiago.
Por outra parte, o mércores 23 de abril, Turismo de Galicia participará por primeira vez na feira turística máis importante deste país co obxectivo de promocionar entre os operadores turísticos e o público xeral a oferta turística galega.
Exposición fotográfica en Polonia
Dentro do ámbito da promoción do turismo galego, o xoves 24 de abril, inaugurarase no Centro cultural de Biatystok (Polonia) unha exposición fotográfica organizada por Turismo de Galicia que representa o mellor da paisaxe, os costumes e as festas da Comunidade galega.
Trátase de 51 fotografías de gran formato que se mostrarán ao público desta cidade de máis de 300.000 habitantes entre o vindeiro xoves e o día 7 de maio.
Turismo de Galicia conta coa colaboración da Oficina de Turismo de España en Varsovia e das autoridades culturais locais da cidade polaca.
Para a difusión deste evento na cidade polaca editáronse 1.000 folletos que se distribuirán en distintos lugares senlleiros de Biatystok e 15 pósters que se colocarán en oficinas de Turismo e lugares públicos con gran presenza de público.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.