
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, asinaron un acordo de transferencia de dotación de fondos da Administración autonómica á institución lingüística. En virtude del, a RAG contará cunha partida propia incluída nos orzamentos xerais da Xunta de Galicia destinada ao impulso e ao desenvolvemento dos proxectos de promoción, investigación e estudo do galego.
No exercicio actual, a Xunta destinaralle á RAG, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un total de 560.000 euros. Destes 520.000 euros correspóndense co acordo asinado hoxe e mantendo así financiamento fornecido á institución durante o pasado 2013, e por outra banda á RAG contará cunha colaboración a maiores de 40.000 euros destinada a apoiar os Cursos de verán de lingua e cultura galegas que organiza en colaboración coa USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais os traballos de investigación en toponimia.
A Consellería dirixida por Vázquez Abad dálle continuidade á colaboración da Administración autonómica coa RAG colaborando con ela no financiamento de parte dos seus gastos correntes e de funcionamento, así como á realización de investimentos e outros gastos de capital derivados da realización dos traballos que, no marco da súa programación anual, leve a cambo en materia de normalización do idioma galego, en consonancia co establecido nos estatutos da institución.
Proxectos en desenvolvemento da RAG
A disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece que nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola RAG. Esta institución ten a obriga de levar a cabo un traballo continuado de actualización e modernización da nosa lingua para satisfacer as novas necesidades expresivas que se derivan da vida moderna e ofrecer directrices para o uso correcto do galego.
A programación da RAG engloba diversos proxectos de formación filolóxica e terminoloxía que teñen por finalidade actualizar o coñecemento lingüístico de acordo coas necesidades da sociedade actual. Desde o ano 1993 o dicionario bilingüe castelán-galego da RAG, a gramática galega e a creación do Equipo de Traballo Sociolingüístico e o Servizo de Terminoloxía Científico -Técnica en Lingua Galega (Termigal).
A Real Academia Galega consta de tres seccións que, á súa vez, se conforma en grupos de traballo ou seminarios, en función das características e da operatividade da devandita sección: a sección de Historia desenvolve un importante traballo arredor da investigación dos diferentes aspectos vencellados á historia da institución e á de Galicia; a sección de Literatura encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela; a sección de Lingua ten en marcha os seminarios de Gramática, de Lexicografía, de Onomástica, de Sociolingüística e de Terminoloxía Galega.
O Seminario de Gramática, este encárgase da elaboración de estudos gramaticais sobre a lingua galega e, de maneira especial neste momento, da redacción da Gramática da Real Academia Galega. Pola súa banda, o Seminario de Lexicografía encárgase da elaboración dos distintos dicionarios, de redactar os informes solicitados á RAG sobre todo tipo de cuestións relacionadas co léxico e de manter actualizada na páxina web as cuestións relacionadas co léxico e da coorganización dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia.
O Seminario de Onomástica encárgase da recompilación de datos do ámbito dos nomes propios, da súa investigación e da elaboración de informes sobre toponimia e antroponimia, mentres que no Seminario de Sociolingüística se desenvolven estudos de temática diversa, como a elaboración de enquisas, a análise de actitudes lingüísticas ou a medición das competencias lingüísticas.
Pola súa banda, o Seminario de Terminoloxía Galega (TERMIGAL), no que tamén participa a Xunta de Galicia e que foi creado no ano 1996 coa finalidade de darlle cumprimento á obriga de actualización do léxico, traballa arestora na elaboración do Dicionario de márketing, na actualización da base de datos de botánica e no Dicionario das TIC.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.