O obxectivo básico do proxecto é a avaliación do cambio climático global con especial atención aos efectos deste fenómeno sobre os ecosistemas, en particular no apartado relativo á conservación da diversidade biolóxica estudados a partir da súa análise en dous ámbitos xeográficos diferenciados como son o noroeste ibérico e Terra de Fogo, na Patagonia arxentina. Ademais, o proxecto pretende a obtención de previsións e modelos sobre o comportamento e evolución dos procesos de efecto transfronterizo, tales como a avaliación dos fluxos de contaminantes de longo percorrido.
Para o desenvolvemento do proxecto, o estudo se centra naqueles ambientes que poidan aportar datos sobre o cambio climático e a contaminación antropoxénica, como os ambientes nivales activos e herdados, as costas rocosas e as turbeiras. Para elo, se estudiará a caracterización ambiental e o encadre cronolóxico dos depósitos sedimentarios dos litorais acumulados durante os perÃodos Pleistoceno e Holoceno, coa finalidade de identificar fases de sedimentación e retroceso da liña de costa. Ademais, se afondará no coñecemento da evolución a longo prazo dos sectores de costas rocosas, incluÃndo as oscilacións do nivel do mar e destacando as estreitas relacións existentes entre formacións sedimentarias antiguas e a morfodinámica do litoral. Complementariamente, en áreas de montaña se pretende establecer unha pequena rede de monitorización ambiental, co obxecto de mellorar a resolución dos datos climáticos a escala local.
Ramón Blanco, investigador principal do proxecto, xustifica a selección de Terra de Fogo por ser esta rexión arxentina un contorno natural pouco modificado polo home, evitando asà que a influencia humana supuxera alteracións importantes nos procesos de evolución natural desta paraxes. Ao reconstruÃr o comportamento dos sistemas costeiros e de montaña nos últimos anos, poñémonos en camiño para a realización de predicións climatolóxicas de cara ao futuro, sinala Ramón Blanco
Este conxunto de obxectivos permitirá abordar o estudo dos cambios climáticos no pasado a través da análise de procesos xeocriolóxicos activos e herdados de fases históricas incluÃndo o posible cambio climático inducido. Neste senso, a monitorización de mantos nivais permitirá aos investigadores realizar unha valoración da deposición atmosférica de orixe antropoxénico a escala global.
Co desenvolvemento destas liñas de traballo, o equipo se propón a reconstrución da contaminación atmosférica por medio do estudo dos rexistros en turbeiras. AsÃ, tamén se estudiarán elementos traza de orixe litoxénico que poidan servir como indicadores das variacións naturais nos fluxos de deposición atmosférica; rexistros polÃnicos para reconstruir a evolución da vexetación, clima e usos do solo, e diversos trazadores isotópicos para a identificación das fontes dos contaminantes e a normalización dos fluxos. En termos xerais, a reconstrución a escalas de miles de anos, mediante datacións radiocarbónicas, aportará un coñecemento preciso das variacións naturais de fondo, imprescindibles para establecer os lÃmites da intensidade da contaminación actual.
O proxecto, que se inscribe dentro do Programa Araucaria, conta co financiamento do Ministerio de Educación e Ciencia a través do Plan Nacional de Investigación, CientÃfica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2004-2007.
Â