Notas de prensa

O futuro incerto de Ucraína, centra o debate na Casa de Galicia en Madrid

"Nesta Casa, a democracia florece, o diálogo frutífera e o contraste de pareceres ten a súa sede". Foron as palabras do delegado de Galicia en Madrid, J.R. Ónega, na conferencia sobre o futuro de Ucraína. A revolución en Ucraína e a anexión de Crimea por Rusia están a redeseñar o mapa político de Europa do Leste.

A Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior (FRIDE) celebrou na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia "O futuro incerto de Ucraína" na que os seus destacados relatores analizaron a situación de Ucraína, os seus posibles desenvolvementos futuros e as implicacións para a Unión Europea e os seus estados membros, especialmente España.
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, dió a benvida á Casa aos organizadores e participantes na conferencia, resaltando o valor da democracia e a política fronte ás armas.

"Nesta Casa, a democracia florece, o diálogo frutífera e o contraste de pareceres ten a súa sede", asegurounos Ónega aos participantes. Máis tarde recibiu o vicepresidente de FRIDE, José Manuel Romero Moreno,conde de Fontao, que tamén estivo na conferencia.

Na conferencia, que se desenvolveu integramente en inglés, interviñeron como relatores Jos Boonstra, responsable de Europa do Leste e Asia Central de FRIDE; Oleksiy Haran, profesor da Universidade Nacional de Kiev-Mohyla Academia; Olga Dukhnich, profesora asociada na Universidade Taurida National V.I. Vernandski, Simferópol; Oleksandr Sushko, director de investigación do Institute for Euro-Atlantic co-operation, Kiev; Richard Youngs, investigador senior asociado en Carnegie Europe, Bruxelas; e Giovanni Grevi, director de FRIDE, que inaugurou o acto e respondeu ás palabras de benvida de Ónega.

Nela participaron ao redor de corenta persoas, entre elas os embaixadores de Letonia e Lituania, Janis Eichmanis e Audra Plepyte Jara, respectivamente; dous analistas ucraínos que viñeron a Madrid financiados pola Fundación Soros, especialistas europeos e españois, prensa especializada, representantes de embaixadas e académicos.

A revolución en Ucraína e a anexión de Crimea por parte de Rusia están a redeseñar o mapa político de Europa do Leste. Agora, segundo os relatores da conferencia, Ucraína debe levar a cabo unha serie de reformas estruturais, construír institucións responsables e sentar as bases necesarias para o crecemento económico. O éxito deste proceso será clave para o futuro do país e da rexión, auguraron.

FRIDE é un think tank europeo para a acción global, que proporciona ideas e análise sobre a principais cuestións das relacións internacionais. O seu obxectivo é influír nas políticas e prácticas públicas co fin de asegurar un papel máis eficaz da Unión Europea no seu apoio ao multilateralidmo, os valores democráticos, a seguridade e o desenvolvemento sostible.

O seu Padroado está composto por Diego Hidalgo, fundador e presidente honorario; Pedro Solbes, presidente; José Manuel Romero, vicepresidente; Benita Ferrero-Waldner; Silvia Hidalgo, Ana Palacio; Simon Maxwell, Jean-Fraçois Rischard e Belén Galindo, secretaria.

Gabinete de Comunicación da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, 2014-04-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES