
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez visitou na praza Jacinto Benavente de Madrid o set de Galicia de cine, unha acción especial que forma parte da nova campaña de Turismo de Galicia para este 2014 e que consiste nunha plataforma itinerante que visitará as cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla e Santiago de Compostela para recompilar as testemuñas dos cidadáns que queiran participar falando sobre as súas motivacións e reclamos para visitar Galicia. Trátase dunha acción de street marketing que pretende fomentar a interactividade dos viaxeiros co destino.
Arredor de 300 persoas quixeron participar nesta acción promocional Galicia de cine. O set itinerante da rodaxe está formado por dous escenarios: un deles recollerá os motivos polos que os viaxeiros deciden vir a Galicia a través dunha gravación persoal. E o outro escenario, enmarcado dentro da promoción A persoa que máis recomenda Galicia no mundo, ten por obxectivo gravar a aqueles que xa coñecen Galicia e que a recomendan aos seus para compartir a súa experiencia. Estes vídeos poderán ser subidos á rede para participar na promoción en liña ata o día 15 de maio.
Entre todos os participantes que se acheguen a dar testemuños sortearanse viaxes por Galicia, e todos formarán parte do casting no que se elixirá os protagonistas da próxima campaña de Turismo de Galicia.
O set estará en Barcelona o día 29 de maio, na praza da Universitat; en Sevilla o día 4 de abril, na praza da Encarnación e en Santiago, na praza do Obradoiro, o día 11 de abril.
Campaña 2014
A campaña 2014 de Turismo de Galicia, Galicia, el buen camino, ten un novo eslógan: Á xente que quero, recoméndolle Galicia/Si te han recomendado Galicia, es que te quieren. A mensaxe incide na capacidade dos viaxeiros e dos propios galegos para seren prescritores de opinión do destino. Ao tempo, resalta a condición de multiexperiencial do Galicia como destino turístico e aqueles elementos diferenciais que conforman os principais atractivos da comunidade.
A etiqueta #Galiciaelbuencamino será a utilizada para as comunicacións en liña e as recomendacións dos fans de Galicia teñen por obxectivo buscar protagonistas para as seguintes fases da campaña. Estas e outras testemuñas recollidas na internet poderán verse no sitio galicia.es. Alí tamén se articulará a acción promocional Sé a persoa que máis recomenda Galicia do mundo. Quen o desexe poderá deixar a súa mensaxe lembrando Galicia nesta web así como nas súas redes sociais.
Ao tempo, as contas nas redes sociais de Turismo de Galicia apoiarán e monitorizarán todas as accións da campaña nas redes.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.