
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro DomÃnguez inaugurou as Xornadas de Portas Abertas ao convento de San Francisco de Santiago de Compostela. Nava Castro realizou previamente unha visita á exposición sobre a historia do convento que pode verse no claustro da fonte.
A directora de Turismo de Galicia foi a encargada de abrir as Xornadas de Portas Abertas no convento de San Francisco, unha actividade que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de AsÃs a Santiago, e que permitirá visitar o convento a todas as persoas que estean interesadas dende hoxe ata o dÃa 30 de marzo.
Na súa intervención, a directora incidiu na importancia da figura de Francisco de AsÃs para a difusión e internacionalización do Camiño, asà como na relevancia de preservar e difundir o seu legado patrimonial, histórico e artÃstico. Ao tempo, comentou que a programación do VIII Centenario de San Francisco de AsÃs a Santiago contribuirá á posta en valor dos recursos culturais asociados ao santo de AsÃs e á Orde que fundou, asà como á dinamización turÃstica e cultural do noso territorio.
A directora de Turismo incidiu nalgúns dos eventos máis relevantes que se celebran con motivo desta conmemoración como a gran exposición On the Road, que abrirá as súas portas antes do verán; as mostras Auga Doce e Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago, que se poden ver neste momento en Compostela; ou a primeira TravesÃa Náutica Xacobea, que se celebrará este verán; asà como as dúas relevantes citas congresuais que a capital galega acollerá tamén neste ano, o I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo, organizado en colaboración coa Organización Mundial do Turismo e a SecretarÃa de Estado de Turismo e os actos do I Cumio de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, toda unha homenaxe a décadas de difusión e promoción nacional e internacional da Ruta Xacobea.

Nava Castro explicou tamén que nas visitas guiadas programadas para estes dÃas de portas abertas poderanse apreciar os arcos góticos do edificio orixinal, o sepulcro de Cotolay ou tesouros como o Museo de Terra Santa, “un deses recursos únicos no mundo, que temos a honra de albergar na capital de Galicia e que, xunto coa valiosÃsima biblioteca do convento ou o monumento a San Francisco do adro, do escultor Asorey, configuran unha verdadeira visita inesquecible, para composteláns e para visitantes, que paga a pena potenciar e difundir”.
O horario de apertura ao público será de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Ademais, realizaranse diariamente visitas guiadas ás 12 e ás 19 horas. Un frade será o encargado de transmitir a historia do convento a través dun percorrido polo tempo. Veranse os restos arqueolóxicos da igrexa do s. XIII, os claustros cunha interesante mostra de documentos e obxectos litúrxicos, os arcos góticos do s.XIII, a antiga sala capitular, o refectorio, a igrexa e o museo de Terra Santa. A duración do percorrido é dunha hora e quince minutos.

O acto inaugural das xornadas incluÃu intervencións e relatorios do ministro provincial franciscano Padre José Antonio Castiñeira, que pronunciou a conferencia A actualidade do carisma franciscano; do mestre vitralista, LuÃs GarcÃa Zurdo, cuxa intervención se titulou Unha visión artÃstica da peregrinación de San Francisco a Santiago e o seu Cántico ás Criaturas, asà como pola profesora titular de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, MarÃa del Carmen Saavedra Vázquez; que falou sobre As Cortes de Carlos V no convento de San Francisco.
Fotos: D. Enrique Mourille
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodÃa a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co DÃa do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o DÃa da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do DÃa das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co DÃa das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.