Notas de prensa

A Fundación TIC acada en 2013 a inserción laboral de 39 titulados da EIS con contratos de formación

O Padroado aproba as contas do ano pasado cun grado de execución do 98,92% e a memoria de actividades con máis de 600 accións, superando o seu propio récord.

O Padroado da Fundación TIC, dependente da Deputación, aprobou a memoria de actividades da entidade en 2013, que inclúe máis de 600 accións. O Presidente do organismo provincial e da TIC, José Ramón Gómez Besteiro, dixo que “acadamos un novo récord de actuacións coas que, ademais, cumprimos os obxectivos que nos marcamos cando aprobamos os presupostos do ano pasado: un ensino público e de calidade encamiñado á inserción laboral dos alumnos da Escola de Imaxe e Son”. Neste senso destacou que en 2013 se mantivo a gratuidade da matrícula, agás para os repetidores, e se fixo un importante esforzo inversor en bolsas de inserción laboral. “En concreto, o ano pasado 39 titulados da Escola accederon ó mercado de traballo como bolseiros. Varios destes ex alumnos xa quedaron incorporados ó cadro de persoal das empresas onde entraron con estes contratos de formación”.

Nesta reunión, o Padroado tamén aprobou a conta anual do exercicio 2013 cun grado de execución do 98,12% do presuposto, que ascendeu a 1.777.455 euros, e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. A esta cantidade hai que sumarlle 1 millón de fondos europeos para o Plan de Promoción da Autonomía das Persoas Maiores da Provincia que xestionou a TIC a través dunha encomenda da Deputación.

Ensino público e de calidade

Gómez Besteiro afirmou que “para nós o acceso a unha educación pública e de calidade é un dereito básico. Por iso, á hora de priorizar os fondos públicos, decidimos manter, por sexto ano consecutivo, a gratuidade de matrícula, agás para os repetidores, un esforzo inversor que se viu reflectido na alta demanda de prazas”. De feito, cubríronse por quinto ano, as 44 prazas de Realización e Produción e houbo lista de espera nos dous ciclos.

Dentro da formación que imparte a TIC destacan aquelas actuacións que proporcionan ós alumnos unha preparación en escenarios reais. Entre as novidades, o Presidente provincial sinalou “a emisión en directo por internet de actividades promovidas pola Deputación e organizacións coas colabora a TIC, a través de streaming, un servizo cada vez máis demandado no mercado”. Estas prácticas dos alumnos fixeron posible, por exemplo, ver en directo e íntegras todas as sesións plenarias da Corporación e dar unha maior proxección a actividades desenvolvidas na provincia como o Foro de Redes Sociais # InLugo, os tres días do Resurrection Fest de Viveiro, os Campionatos de Baristas de Foz ou o Concurso Lucus Intercentros.

Prácticas en empresas e emprendemento

O ano pasado aumentouse ata 81 o número de acordos con prestixiosas empresas a nivel nacional, que colaboran coa TIC como socios ou partnerships. A gravación e realización da Gala Lucus Moda, que se emitiu en V Televisión, ou a gravación e montaxe de 8 programas para Telelugo, baixo o título Decomprax, son algúns exemplos de traballos realizados por alumnos no período de prácticas. Dentro do seu modelo educativo, a TIC “tamén aposta pola cultura do emprendemento, aportando as ferramentas e formación necesarias para que os alumnos creen os seus propios proxectos, como foi o I Festival Itinerante de Balcóns Sonoros (FIBES)”.

Convenios de colaboración e promoción da provincia

Aumentouse nun 15,7% o número de convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e deportivas e empresas TIC da provincia. Polo que se refire á promoción da cultura, o deporte e o turismo da nosa provincia, a Fundación elaborou traballos audiovisuais que foron difundidos a través de axencias de noticias nacionais, xornais dixitais e canles de televisión e emisoras de radio. As feiras de artesanía da Pontenova, Ferreira de Guntín e Parga e as festas da Faba de Lourenzá, As San Lucas de Mondoñedo, do Queixo do Cebreiro e do Viño de Amandi son só algúns exemplos.

Transparencia e cooperación cos Concellos

A Fundación prestou apoio técnico a Concellos e a entidades públicas e privadas para accións vinculadas ó sector multimedia e fixo posible o desenvolvemento de actividades desenvolvidas polos distintos organismos dependentes da Deputación, como xornadas e conferencias nos salóns de actos e de plenos, ou no Centro de Artesanía e Deseño. E coa finalidade de que os lucenses coñezan de primeira man o labor que realiza a entidade, en 2013 potenciouse o contido das visitas didácticas ás instalacións da Fundación, nas que preto de mil alumnos e profesores de centros educativos da provincia fixeron a súas propias prácticas audiovisuais cos Ticodiarios e consolidouse a xornada de portas abertas Abertic.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2014-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES