Galicia e o galego con Mar adentro nos Oscar e nos Goya
A edición en DVD da pelÃcula MAR ADENTRO inclúe a versión en galego, en virtude dos acordos tomados entre FILMANOVA INVEST, TVG e os productores da cinta.
Responsables da TVG e Filmanova Invest expresaron a súa satisfacción ante o éxito da pelÃcula Mar adentro, que foi nominada nesta Edición dos Oscar nas categorÃas de Mellor pelÃcula de fala non inglesa e Mellor maquillaxe.
MAR ADENTRO foi a primeira inversión acometida por FILMANOVA INVEST.
TVG, a través dun acordo con FILMANOVA INVEST e os productores do filme, adquiriu os dereitos de emisión televisiva en lingua galega. Este acordo e o desexo do propio ALEJANDRO AMENÃBAR propiciaron a decisión de que a próxima edición en DVD da pelÃcula inclúa a versión galega.
Ademáis, de tódolos premios internacionais colleitados ata a data, a pelÃcula ten 15 nominaciones aos PREMIOS GOYA.
A identificación de Galicia con MAR ADENTRO acada especial notoriedade co equipo artÃstico galego que obtivo varias nominacións aos Goya: Mabel Rivera (MELLOR ACTRIZ DE REPARTO), Celso Bugallo (MELLOR ACTOR DE REPARTO), Tamar Novas (MELLOR ACTOR REVELACIÓN) ao que hai que sumarlle a colaboración do gaiteiro CARLOS NÚÑEZ na banda sonora. O feito de que parte dos diálogos da versión orixinal foran rodados en lingua galega e de que a meirande parte dos exteriores se filmaran en Galicia con equipo técnico galego xustifican sobradamente a satisfacción da TVG e de FILMANOVA pola súa colaboración na pelÃcula.
Prensa - Filmanova , 2005-01-31
Actualidad

Alfonso Rueda informou de que o Consello 'aprobou a orde para a posta en marcha do Bono Peixe' que ofrecerá 'ata 50 €' para mercar peixe e marisco frescos nos establecementos da comunidade adheridos. Unha medida coa que a Xunta busca 'incentivar o consumo' destes produtos galegos que son sinónimo 'de excelencia e calidade' por todo o mundo e 'facer unha chamada atención' sobre o descenso destes alimentos na dieta que se está a vivir 'a nivel nacional, europeo e mundial e do que Galicia non é allea'.

Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turÃstica, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e AndalucÃa) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.
Notas
No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao.
Conectar os sectores agrÃcola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxÃas do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo. Coordinados polo catedrático Jesús Simal Gándara, investigadores e investigadoras dos grupos de Investigacións Agrarias e Alimentarias; TecnoloxÃas Aeroespaciais e Historia Contemporánea I conforman a representación da UVigo en AgroSpace.