Notas de prensa

Showcookings e degustacións dan a coñecer os produtos galegos no mercado de San Antón

O popular recinto comercial madrileño de San Antón acolle os días 28 e 29 de marzo as excelencias gastronómicas galegas para o que se organizan showcookings e degustacións. Máis de 20 empresas das indicacións xeográficas protexidas baixo a etiqueta de Galicia Calidade participan xunto con demostracións de Kike Piñeiro ou Óscar del Toro.

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, achegará ao mercado madrileño de San Antón a excelencia dos produtos gastronómicos galegos cunha iniciativa que se desenvolverá o vindeiro venres día 28 e o próximo sábado 29, e que inclúe showcookings e degustacións.

Más de 20 empresas de distintos sectores estarán representadas nas demostracións e talleres que se realizarán no popular recinto comercial realizados por destacadas figuras da gastronomía e sumillería galega como son o premio nacional de gastronomía Kike Piñeiro, coordinador do apartado gastronómico; Óscar del Toro, mellor barista galego 2010 e 2011, e Óscar Quintana, nariz de ouro 2014 da zona norte. Completan o equipo de profesionais Iván Méndez, Eloy Cancela, Mark Wernink, Conchi Peiteado e Miguel Ibáñez.

Na planta baixa recibirase aos cidadáns con cafés de pota realizados con auga mineral, froita fresca ou mesmo tarta de Santiago, todos os produtos certificados por Galicia Calidade. Ademais tamén se ofrecerán outros produtos como xamón, queixo, merluza do pincho, pan, tenreira galega, castañas, todo aderezados cos mellores caldos, cervexa e licores.

Entre as empresas particantes a acción contará coa presenza de Estrella Galicia, Cabreiroá, Coren, Torre de Núñez, Ingapán, Hornos San Fiz, Luís Escurís Batalla, Merluza do Pincho, Aguas de Mondariz, Gargalo, Grupo HGA Bodegas, Valtea, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel, Castro Baroña, Adega dos Eidos, Customdrinks, Pazo Vilane, Caracoles do Gallo, Patatas Conde, Queixería Cas Leiras e Kiwi Atlántico. Ademais tamén contará coa presenza das Indicacións Xeográficas Protexidas como Ternera Gallega ou Castaña de Galicia.

Promoción no punto de venda

Con esta acción Galicia Calidade busca promocionar os produtos fóra da nosa comunidade e directamente no punto de venda, onde os consumidores podan apreciar a calidade dos produtos galegos. Na actualidade, cada día é máis importante para as empresas estar presentes onde os consumidores elixen os produtos, e onde se pode incidir nesta toma de decisións.

Entre as actividades a desenvolver cada día haberá showcookings cos produtos das empresas participantes entre as 12.30 e as 15.30 horas. Pola noite, acompañados dos produtos da empresa Hijos de Rivera, programarase unha “tapas en lata”, poñendo en valor a industria conserveira galega, todo aderezado con música en directo. O recinto acollerá tamén unha exposición de Artesanía de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES