Notas de prensa

Santiago de Compostela acolle o Congreso Internacional de Demografía

O 21 de marzo celébrase, no Palacio de Congresos de Exposicións de Galicia, o Congreso Internacional de Demografía.

Este evento conta coa participación de expertos en demografía, representantes de entidades e países europeos, e abordará aspectos relativos á realidade demográfica actual en Galicia e en outras rexións e países da Unión Europea.

Os efectos que ten a recesión económica sobre a fecundidade, a presentación dun informe sobre a calidade de vida en Eurpa e as políticas de traballo-familia e benestar individual centran as primeiras intervencións que abordan o tema desde unha perspectiva científico-política. Estas mesas de debate tamén tratan o desafío da equidade interxeneracional e o seu impacto nas políticas públicas, os servizos sociais e a política familiar en Suecia e a singularidade do caso español completan esta perspectiva.

Baixo o prisma de conversas sobre demografía debatirase arredor do futuro demográfico e que se pode facer para evitar o peor, e analizaranse as variables do caso galego.

Consellería de Traballo e Benestar, 2014-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES