O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuníronse para analizar os termos do acordo marco de colaboración entre ámbalas dúas institucións que permitirá desenvolver o Plan Termal para a provincia de Ourense. No documento, que Baltar e Castro asinarán en próximas datas, figura como obxectivo principal do acordo a posta en valor dos recursos naturais e culturais de Ourense, estruturando a oferta, os recursos e os servizos de tal xeito que conduzan á creación do destino Ourense, provincia termal.
Asemade, o acordo recolle a posta en valor dos recursos naturais e culturais da provincia de Ourense, coa sustentabilidade como criterio clave para unha mellor calidade de vida, a recuperación e preservación dos recursos naturais, e a contribución ao desenvolvemento socioeconómico. Outro dos obxectivos específicos é que se van articular os recursos, os servizos e a oferta termal como produtos turísticos competitivos, innovadores e desestacionalizadores, e finalmente, preténdese posicionar a Galicia como destino termal a través da potenciación de Ourense como provincia termal.
O acordo contempla tamén aquelas actuacións que colaboren na consecución dos obxectivos marcados nas liñas estratéxicas do Plan Termal, presentado días pasados pola Deputación de Ourense, como son traballar na planificación termal, nas infraestruturas e os produtos termais, así como o coñecemento e a promoción do termalismo.
Tamén contempla o acordo que se constituirá o Consello Termal Ourensán, que estará integrado por representantes de ámbalas dúas partes, organismo que se reunirá, aló menos, dúas veces o ano. Este consello encargarase do estudo e proposta dos proxectos e actividades a desenvolver así como dos orzamentos correspondentes que despois se trasladarán para a súa aprobación ao órgano de xestión correspondente.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.