
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o cupón da ONCE do sábado día 15 de marzo, que está dedicado aos espazos termais galegos. Así, nun acto desenvolvido na Cidade da Cultura, e xunto ao delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, o conselleiro, que recibiu unha réplica enmarcada do cupón que xa está a venda, destacou a importancia que ten esta iniciativa.
Na presentación tamén estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidente e xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces e Benigno Amor, respectivamente, así como Javier Soto, xerente da Caldaria.
Promoción de Galicia
A imaxes do termalismo galego, reflectido neste caso nas termas romanas de Lugo, chegaran a todos os recunchos do Estado a través dos cinco millóns e medio de cupóns que a Organización puxo xa á venda para o sorteo do día 15.
Durante a súa intervención o conselleiro destacou que trátase dunha iniciativa que achegará o termalismo a todo o Estado a través da emisión de cinco millóns e medio de cupóns, que desde onte xa están á venda, nos que quedan reflectidas as termas romanas de Lugo, un dos complexos monumentais máis senlleiros da nosa terra, e recordou que está non é a primeira vez que a ONCE colabora coa difusión de espazos e actividades relacionadas con Galicia xa que dende hai máis de 15 anos veñen promovendo o patrimonio e a cultura galegas a través do deseño dos cupóns.
Pola súa banda a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, sinalou que a auga termal forma parte dos nosos recursos endóxenos e como destino líder na oferta de termalismo do Estado, tanto en calidade como en cantidade, temos a opción de configurar produtos turísticos orientados para diversas tipoloxías de viaxeiros. E lembrou que para a posta en valor desta enorme potencialidade, vense de presentar o noso Plan de Termalismo, que aproveita as sinerxías creadas entre os diferentes recursos e produtos e incide na especialización e na paquetización dos nosos recursos termais.
De igual modo, resaltou que Plan Integral de Turismo de Galicia o termalismo figura como un produto con gran potencial desestacionalizador e con versatilidade para a adaptación a diversos públicos. Na nosa segunda liña estratéxica, centrada na oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos inclúense accións orientadas ao desenvolvemento do Club de Produto Turístico da Auga de Galicia e mais á promoción de produtos turísticos emerxentes, incidindo no turismo de saúde e na posta en marcha de programas específicos.
Impulso da auga
Con esta acción a Xunta de Galicia volve a mostrar a súa aposta por impulsar un dos bens que posúe a comunidade como é o termalismo. Unha iniciativa que se une á mostra Agua Doce que proximamente abrirá as súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e que xirará arredor dos recursos hídricos de Galicia. Será unha exposición multidisciplinar formada por 700 obras nas que grandes mestres da arte lle renden unha homenaxe a un elemento clave na identidade galega como é a auga doce.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.