Notas de prensa

A relación da educación co ámbito laboral a través da formación, no III Salón Edugal

Pontevedra acolle ata o 28 de febreiro o III Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal, no que se destaca a importancia da relación entre a educación e o mundo laboral a través da formación non universitaria e do fomento de viveiros de empresas desde a Formación Profesional.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria representada polo seu director de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, participou no acto de inauguración do terceiro III Salón de Educación e Formación de Galicia (Edugal), e destacou a importancia da relación entre a educación e o mundo laboral a través da formación.

O acto, no que tamén participou o director de Edugal, Eduardo Barros, desenvolveuse no recinto feiral de Pontevedra que acolle o encontro ata este venres. Durante a inauguración o representante de Cultura e Educación destacou que “a Formación Dual é unha firme aposta do goberno galego á que a nova lei educativa -a LOMCE- dá o seu apoio mediante o fomento das iniciativas que realicen conxuntamente centros de formación e empresas. Trátase de que o alumnado logre unha cualificación profesional axeitada, harmonizando os procesos de ensinanza e aprendizaxe coa nosa realidade socioprodutiva. Os estudantes, pois, completan a súa formación nunha contorna laboral, aproveitando as sinerxías entre os centros educativos públicos e as empresas privadas”.

Asemade tamén dixo que “potenciar a FP dual permite achegar a formación ás empresas, logrando que a formación responda ás demandas dos empregadores; fomentado o emprendemento e afondando na relación centro-empresa”.

Público do Edugal 2014

Cómpre recordar que ata o venres 28 de febreiro Edugal recibirá a todos aqueles que desexen informarse de toda a oferta formativa que nestes momentos se está a impartir en Galicia. Un punto de encontro especialmente dirixido a nais e pais, alumnado de 4º de ESO, bacharelato e FP, a orientadores, profesionais do ensino, centros educativos, empresas e formadores para o emprego. Ademais tamén para aqueles que desexen retomar os seus estudos.

Nesta edición a Consellería de Cultura e Educación apoia, participa e presenta a oferta educativa non universitaria de Galicia a través dun stand, a través da dirección xeral de Educación, Eduemprende. Este espazo contará este ano cun apartado no que se recrea un dos viveiros de empresas que xa están funcionando en distintos centros integrados de FP, e ademais a Consellería achegará a algúns dos emprendedores que están a desenvolver os seus proxectos nestes viveiros para que conten aos asistentes ao Edugal as súas experiencias. Cómpre recordar que nestes momentos xa están en marcha dez viveiros de empresas e próximamente comezarán a funcionar outros sete, todos eles situados en centros integrados de formación profesional e en institutos.

Ademais tamén estarán presentes varios centros do sistema educativo galego. En concreto, contan con cadanseu stand os IES Torrente Ballester, Luis Seoane e Chan do Monte; o CIFP A Xunqueira; así como as escolas superiores de Arte Dramática de Galicia e de Ben Culturais e o conservatorio de música, Manuel Quiroga. Ademais no salón participan universidades e outras entidades educativas, tanto galegas como do resto de Estado.

Exposición e actividades formativas

Durante estes días o recinto feiral albergará un espazo de stands informativos da oferta de FP, universitarios e outros estudos superiores, así como a de ensinanzas para a aprendizaxe de idiomas, de estudos no estranxeiro, e formación militar. Ademais, o salón ofrece información sobre bolsas, webs especializadas e portais de emprego, así como sobre as posibilidades de aplicación das novas tecnoloxías ao ensino e a aprendizaxe.

A maiores da parte expositiva, o programa de actividades do evento complétase con Formaedugal, relatorios, charlas informativas, obradoiros e debates paralelos á actividade que se desenvolva nos stands. Na xornada inaugural do día 24 o tema abordado serán os cambios en educación, da era industrial á sociedade do coñecemento. Os seguintes días tratarase a orientación educativa e profesional en España e en Galicia, así como a dimensión europea da educación.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES