Porque, sen prexuÃzo de que o PG manifesta diante de tan vitais asuntos a vontade indeclinábel de mante-las súas posicións polÃticas ata conseguilas, anunciamos que traballaremos na procura dos nosos obxectivos por medio do diálogo e do consenso. Xa que logo, nese diálogo escoitaremos con respecto as ideas dos demais ó tempo que expoñémo-las nosas. Porque se ben témo-las nosas opinións sobre o que debe se-lo noso ordenamento xurÃdico-polÃtico básico, sobre o Estatuto que máis lle pode convir a Galicia, seremos flexÃbeis pra acadarmos acordos cos demais. E esperamos que esta actitude chegue a contaxiar ós outros partidos polÃticos (que ata hoxe non foron nin capaces de se sentar a falar), e que se dispoñan a ceder algo das súas posicións iniciais na procura dun acordo institucional. Porque os galeguistas coidamos que o PaÃs temos que erguelo entre todos, porque é de todos. Coidamos pois que como pobo diferenciado que somos debemos acadar, sempre sobre a base universal da identidade galega, unha boa relación cos demais e un nivel de autogoberno suficiente pra podermos conseguir o desenvolvemento que o noso pobo precisa en tódalas ordes. Queremos un Estatuto que sirva ó único obxectivo de conquistarmos, o máis axiña posÃbel, un grao de gobernabilidade que nos permita alcanza-las mellores cotas de benestar pra o pobo galego: a Galiza do benestar. E iso precisa á súa vez que consigamos unha boa fórmula pra unÃrmonos co resto dos pobos de España e de Europa. O Partido Galeguista traballará en prol de pactar un marco constitucional que sirva pra que tódolos pobos do Estado Español poidamos vivir xuntos e
dun xeito confortábel. Pra iso precisamos unha fórmula que non signifique nin dependencia nin independencia do Estado Español, porque ningún deses modelos de convivencia poden axudar obxectivamente ó desenvolvemento económico e social que precisamos os galegos. A dependencia porque nos abafa, porque xa temos visto que non nos permite acada-lo que en xustiza merecemos os galegos, e a independencia porque nos afastarÃa das cotas de benestar ás que lexÃtimamente aspiramos. Iso sen prexuÃzo de que coidamos que a gran
maiorÃa das nosas xentes pensa, coma os nosos ilustres devanceiros, coma nós, que somos españois porque somos galegos. A Constitución do 78 actualmente vixente, malia os difÃciles tempos nos que foi aprobada, recoñece a Galicia, xunto con Cataluña e mais Euskadi, como
nacionalidades, sinónimo de nacións, o que define a pobos que teñen personalidade de seu.
Por outra banda, é obvio que hoxe a receita de café pra todos, enxalzada por moitos nun momento histórico no que o principalÃsimo obxectivo era acada-la democracia, está esgotada porque, entre outras cousas e como se está a demostrar decote, nunca satisfará as lexÃtimas aspiracións de respecto ás diferencias obxectivas que temos entre uns e outros.
Como Estado plurinacional que somos temos que ser capaces de convir, e organizar coidadosamente, as diversidades existentes dentro dun proxecto con aspectos comúns. AsÃ, cun pacto pra reforma-la Constitución e o Estatuto como estamos a auspiciar, procurarÃanos entre outras cousas unha convivencia moito máis estábel ca a actual, tema de enorme relevancia pra podermos construÃr un sólido proxecto galego de desenvolvemento económico e social. Polo dito, pra podermos desenvolver modelos estatutarios convenientes, e sen
prexuÃzo das competencias que neles se contemplen, propoñemos en primeiro termo levar á realidade o feito diferencial das nacións galega, catalana e vasca, coa fórmula dunha Confederación co resto das Comunidades Autónomas do Estado Español quen a súa vez, e segundo as súas conveniencias poderÃan, ou conserva-la fórmula autonómica, ou conformarse como unha Federación de Comunidades Autónomas, ou con outra fórmula que oportunamente puidesen decidir segundo as súas vontades. Dese xeito terÃamos unha posibilidade de unidade moito máis real ca actual, porque estarÃa baseada sobre o respecto das diferencias obxectivas que tivemos, temos e teremos entre os distintos pobos do Estado Español. Sen sacralizar nin descualificar ningunha fórmula, a Confederación é un xeito de relación que ten dado excelentes resultados en lugares como, por exemplo, SuÃza, un dos paÃses con maior nivel de benestar do mundo, cun complexo sistema de convivencia entre pobos con distintas personalidades e linguas, como é o noso caso. E sobre a Federación hai paÃses abondo con ese sistema como Alemaña, USA, e un longo etc. Ó mesmo tempo o Partido Galeguista proclama a súa vontade e vocación de traballar por Europa dentro de Europa, polo que coidamos que a Constitución Europea que imos referendar significará un paso transcendental na construcción dunha Europa que queremos moito máis unida do que está, e mesmo do que parece vai estar nun futuro próximo. Agora ben, dende a perspectiva Galeguista, a actual redacción da Constitución Europea, que é un corpo de doutrina democrática pactada polos estados, en varios dos seus aspectos, está á marxe das realidades e dereitos históricos indiscutÃbeis dun amplo abano de pobos europeos. Por iso o PG, sen renunciar neste eido ó seu modelo histórico de Federación e á Europa dos pobos, aposta por unha posición polÃtica tan crÃtica como responsábel e participativa. Apostamos por un si no referendo que non se debe confundir cos outros sis dos obedientes partidos centralistas. Apostamos por un si no que queremos expresa-la nosa vontade de transformar
Europa desde dentro, dende a primeira liña polÃtica, e non desde as trincheiras dun non porque si que nos levarÃa a ningures. A nosa crÃtica fundamental á Constitución Europea, estriba en que non deseña instrumentos axeitados pra a participación dos pobos minoritarios que estamos no seu seo. E traballaremos a prol das nosas ideas propoñendo
en primeiro termo a creación dun organismo, o Consello de MinorÃas Nacionais da Unión Europea, e a súa incorporación, como estamento consultivo, nas dinámicas de decisión da U.E. De calquera xeito reiterámo-la opinión de que, logo do referendo sobre a Constitución Europea, sobre fórmulas fundamentáis e transcendentáis como son a relación entre os distintos pobos do Estado Español, a través dunha Constitución, e sobre un Estatuto no que debemos materializar un proxecto de autogoberno que nos permita desenvolvernos axeitadamente, debemos acada-lo consenso polÃtico e social máis amplo posÃbel, polo que tendémoslle a man a todos con ánimo de diálogo, e con actitude de concordia. Convidamos pois a que, pra servir ó obxectivo senlleiro que é Galiza, muden as actitudes de animosidade duns contra outros dos últimos tempos (nos que teñen primado de xeito permanente a belixerancia pra defender soamente intereses partidistas), a facer tódolos intentos posÃbeis pra acordar, e non pra confrontar. E mesmo cando as diferencias xurdan, xa que temos
concepcións diversas en distintos temas, que a capacidade de diálogo sexa quen de superar á de descualificación.
Saúde e Terra