Notas de prensa

Deseñadas as liñas estratéxicas para o impulso da artesanía galega nos vindeiros tres anos (2014-2016)

O Goberno galego e o sector da artesanía acordan as que serán as liñas estratégicas para o seu desenvolvemento nos vindeiros 3 anos, que se inclúen no Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016 co que tamén se pretende reforzar a marca comercial Artesanía de Galicia.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes das principais asociacións de artesáns galegas co obxectivo de presentarlles o futuro Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016 e acordar con eles as principais liñas estratéxicas e as prioridades para impulsar a artesanía galega nos vindeiros anos.

A captación de talento; o reforzo da marca Artesanía de Galicia; a innovación, o deseño e a cooperación; así como a mellora continua e a excelencia son os retos sobre os que pivota o plan, co obxectivo de continuar a impulsar a mellora da competitividade do sector a través de liñas de actuación concretas.

No encontro, ao que tamén asistiron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participaron responsables da Asociación Galega de Artesáns; a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais; a Asociación de Oleiros de Buño; a Asociación de Artesáns de Ourense; o Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia e a Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros; así como da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira.

O conselleiro tivo a oportunidade de escoitar as súas achegas, que serán incorporadas a un plan que parte dunha análise previa sobre a situación da artesanía galega, tendo en conta a información achegada polos principais axentes do sector e un constante diálogo con estes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES