
Xantar pecha as portas da súa decimoquinta edición, a primeira como cita internacional, logo de cinco dÃas de intensa actividade durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade con esta cita conseguindo que o salón manteña o seu número de visitantes, sobre 20.000, e a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos 18 restaurantes, ó redor das 17.000.
O conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, presidiu esta mañá a clausura oficial do salón no dÃa adicado aos patrocinadores e colaboradores de Xantar, á cidade de Vila Real (irmanada coa de Ourense) e aos concellos de O Barco de Valdeorras, Sober e Vila de Cruces. Sobre Xantar o conselleiro indicou que “é unha tarxeta de presentación de Galicia cara o mundo, un encontro que destaca pola súa calidade e polas posibilidades que ofrece para abrir novos espazos e mercados internacionais a nosa gastronomÃa”. Jesús Vázquez estivo acompañado, entre outros, polo embaizador de Cuba en España, Eugenio MartÃnez, o presidente do comité executivo de Expourense, Celso Barbosa, e polo alcalde de Ourense, AgustÃn Fernández.
Mención a parte merecen as actividades organizadas para celebrar o DÃa de Vila Real. Esta cidade, irmandada coa de Ourense dende 1982, presentou no salón as probas de GT que se van celebrar no mes de xuño no seu CircuÃto Internacional de Automóbil, o máis antigo de Europa e que contan con que se xa un importante foto de
atracción de turistas. Ademais organizaron una cata de viños desta cámara municipal, “porta de entrada ó Douro, Patrimonio da Humanidade”, tal e como a definiu o seu alcalde Rui Santos. Estas actividades incluiron un obradoiro sobre cociña tÃpica da rexión do Douro na que participaron os chefs Filipe Moreira e Vitor Matos, que conta cunha Estrela MichelÃn e dous Soles Repsol.
Durante o acto de clausura foron entregados os premios da segunda edición do Concurso Prato Xantar ao que foron presentadas unha vintena receitas e cuxos 8 finalistas elaboraron o seu prato en directo no salón. Na categorÃa de profesionais o gañador foi Manuel Garea, de Melide, cun prato que denominou “Galicia nun prato, mar e montaña” onde empregou, entre outros produtos con Denominación de Orixe, polbo, grelos, lacón, mexillón e algas. Na categorÃa de afeccionados os gañadores foron Paula DÃaz e Iván Ãlvarez, de Ourense, coa receita “Suprema de rodaballo, arroz de polbo e mexillóns e o seu crocante”.
O total de 130 actividades do programa, cunha media de dúas por hora de duración do salón, foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na meirande parte profesionais do sector. Este programa incluÃu exhibicións de cociña en directo, 26 en total, impartidas por prestixiosos cociñeiros galegos, portugueses e de Cuba. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 25 catas comentadas de produtos como o viño, o queixo, o mel, a xenebra, o ron ou o aceite. A estas actividades hai que engadir as degustacións ofrecidas polos expositores.
Estas foron as actividades que rexistraron maior participación entre os visitantes de Xantar que, ademais de achegarse ata Expourense a comer ou cear, aproveitaron para probar novos sabores e texturas, para aprender a preparar distintos pratos ou para coñecer novas posibilidades culinarias dos produtos recoñecidos con Denominación de Orixe ou cunha Indicación Xeográfica Protexida e que protagonizaron os obradoiros organizados pola ConsellerÃa de Medio Rural e do Mar.
Dentro das actividades celebradas hoxe destacou o curso de corte de xamón de Coren e a cata sobre particulariedades galegas. O broche final e doce das actividades desta edición correu a cargo do obraodiro de reposterÃa recreativa impartido por Lambonarte e sobre reposterÃa para celiacos ofrecido polo cociñeiro Juan Carlos Ulla.
Cooperación transfronteiriza e iberoamericana
Esta edición de Xantar serviu para estreitar aÃnda máis as relacións co veciño Portugal, grazas á importante presenza tanto de expositores como de visitantes lusos. Todo un exemplo de cooperación transfronteiriza e de fomento do turismo de proximidade coa gastronomÃa como principal motivación. Pero Xantar 2014 tivo outra gran protagonista, Cuba, que como paÃs convidado establecendo novas redes de cooperación iberoamericana baseadas nas relacións existentes entre o Ministerio de Turismo de Cuba e Expourense coa intermedicación da SecretarÃa Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
Asà remata unha edición que cumpriu cos obxectivos e as expectativas da organización e dos expositores. A vindeira cita de Expourense terá lugar entre o 7 e o 9 de marzo coa celebración da 21ª Mostra da Oportunidade.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodÃa a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co DÃa do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o DÃa da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do DÃa das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co DÃa das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.