Notas de prensa

Lourenzá, Chantada e A Pobra do Brollón, na exaltación dos entroidos galegos de Turismo de Galicia

O obxectivo do programa é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas como “potente efecto dinamizador económico” que teñen estas festas para as zonas con maior tradición.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou a participación dos concellos de Lourenzá, Chantada e A Pobra do Brollón no acto de exaltación dos Entroidos galegos que se vai a levar a cabo o próximo domingo en Santiago de Compostela.

Segundo explicou a delegado territorial, o acto terá lugar a partir das 11 da mañá dende a dársena de Xoán XXIII percorrendo as rúas San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Vilar, Toural, Nova, Praterías e Fonseca ata chegar sobre as 12.15 a praza do obradoiro, onde cada entroido fará a súa actuación. Pola tarde, a partir das 5, os diferentes grupos pasearán polas rúas da zona vella de Santiago.

O domingo de Piñata de Vilanova de Lourenzá, o entroido de Chantada ou Entroido Ribeirao cos Volantes, e o Oso de Salcedo da Pobra do Brollón compartirán cartel con algúns dos entroidos máis afamados de Galicia, como os de Xinzo e Verín –declarados Festa de Interese Turístico Nacional-.

O obxectivo deste acto de exaltación dos diferentes Entroidos galegos é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas así como “potenciar os nosos carnavais, xa que teñen un potente efecto dinamizador económico para as comarcas nas que se celebra”, segundo apuntou Arias.

A delegada fixo fincapé no valor do entroido galego como recurso turístico, e gabou ademais o seu efecto desestacionalizador. “ Implica a ampliación da oferta turística –afirmou Arias-, a posibilidade de disfrutar dunha gastronomía característica desta época do ano e a posta en valor do territorio dende outra perspectiva, potenciando actividades como o turismo activo, o enoturismo ou o turismo cultural e urbano”.

Arias informou de que o acto contará coa presenza de xornalistas especializados que publicarán reportaxes e traballos sobre as diferentes manifestacións do entroido nas que estarán presentes, “co obxecto de converter esta manifestación cultural nun gran atractivo para os viaxeiros que se acheguen a coñecer Galicia. e permite por en valor a cultura común dunha zona ou comarca”.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, 2014-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES