O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou na Cidade da Cultura a xornada informativa sobre o programa Erasmus+, que ten como obxectivo explicar as caracterÃsticas do novo programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para o perÃodo 2014-2020.
As xornadas están dirixidas a representantes de institucións potenciais solicitantes de financiamento para o desenvolvemento de proxectos, de todos os sectores da educación e da formación (educación escolar e de persoas adultas, formación profesional e educación superior), asà como axentes sociais, responsables de cámaras de comercio, institutos de investigación, empresas, fundacións, ONG, museos, bibliotecas, autoridades locais e rexionais e outras institucións especialmente vinculadas con grupos en desvantaxe e con necesidades especiais.
Respecto do novo programa, Vázquez Abad sinalou que “no noso camiño para fomentar a educación ao longo da vida como oportunidade para todas as persoas, independentemente da súa idade ou situación, a aprendizaxe a través de programas de educación internacionais pode ter un papel clave, xa que ofrece aos cidadáns unha oportunidade fundamental para mellorar as súas cualificacións formativas, sexa cal sexa a súa situación. Erasmus+ céntrase na aprendizaxe formal e informal máis aló das fronteiras da UE, cunha clara vocación de internacionalización, abrÃndose a terceiros paÃses co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para a empregabilidade de estudantes, profesorado e traballadores”.
O conselleiro de Cultura e Educación explicou ante os máis de 350 inscritos que o obxectivo desta xornada é debuxar de xeito claro e preciso “o grande abano de posibilidades que se abre con este novo programa” e destacou que “a sociedade do coñecemento na que vivimos inmersos precisa de cidadáns que poidan desenvolver todas as súas capacidades e a súa creatividade, e a educación é a vÃa para facelo”.
Xornada explicativa
Ao longo da xornada de hoxe os asistentes puideron achegarse as oportunidades que ofrecerá este novo programa respecto da mobilidade do persoal e dos estudantes asà como no relativo á cooperación a través de asociacións estratéxicas.
Para afondar nas caracterÃsticas, bases do programa e estrutura do novo Erasmus + e explicar os requisitos de presentación axeitado aos requirimentos das solicitudes de cada acción clave, a presentación contará coas intervencións dos expertos do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE) Andrés Ajo Lázaro, directora da Unidade de Formación Profesional, José Manuel González Canino, Xefe de servizo da Unidade de Educación Superior e Fernando Sabio Lizaur, da Unidade de Educación Escolar-Persoas Adultas.
Os interesados poderán obter toda a información que precisen no enderezo: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm [nova venta]
Erasmus +
O Erasmus + estará destinado a máis de 4 millóns de persoas nos que, ao longo de sete anos, se investirán 14.700 millóns de euros para fortalecer os eidos da educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa, incrementando a partida económica nun 40% respecto da actual.
Este novo programa ten como obxectivo aumentar as competencias e a empregabilidade, asà como apoiar a modernización dos sistemas de educación, formación e xuventude. AsÃ, os principais destinatarios serán escolares; estudantes de formación profesional, de ensinanzas superiores e de formación de persoas adultas. Cómpre sinalar que Erasmus + integrará todas as iniciativas existentes no Programa de Aprendizaxe Permanente e os de educación superior internacional: Mundus, Tempus, ALFA, Edulink e programas bilaterais asà como o Programa Xuventude en Acción.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodÃa a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co DÃa do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o DÃa da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do DÃa das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co DÃa das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.