A Rede Ourensá de Municipios cara á Sostibilidade pon en marcha o denominado Plan Particip@, unha iniciativa coa que se pretende levar a cabo iniciativas de comunicación e sensibilización cidadá sobre a sostibilidade e as boas prácticas medioambientais nos concellos da provincia. Este proxecto, promovido pola Deputación de Ourense, é unha iniciativa pioneira en Galicia, que comeza o seu calendario de actividades mañá xoves no Barco de Valdeorras,
A finalidade do proxecto é crear "conciencia ambiental" na cidadanía. Neste senso, a rede, coordinada dende o Departamento de Medio Ambiente da Deputación de Ourense está a promover tamén un estudo de aforro enerxético; a integración de alumnos universitarios para que realicen prácticas dentro dos proxectos da rede, e campañas de sensibilización e divulgación para cidadáns co obxectivo de implicar a participación social nas prácticas sostibles.
Esta serie de actividades lévanse a cabo nunha primeira etapa que abrangue ata o ano 2015- nos concellos da Bola, A Gudiña, A Merca, Baltar, Cartelle, Celanova, Gomesende, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia e Verea, e á que se poderán adherir a partir de 2015 todos os municipios da provincia que avoguen polo desenvolvemento sostible.
Ao longo de 2014 realizaranse accións dirixidas a implicar aos diferentes grupos sociais, entidades e estamentos públicos no desenvolvemento sostible local, e outras orientadas á optimización e mellora da xestión pública. Os principais obxectivos son o aforro municipal e o achegamento da poboación á xestión pública a través do intercambio de información e experiencias, propiciando así, un espazo para a reflexión e o diálogo aberto entre representantes da administración, técnicos e cidadáns da provincia de Ourense no ámbito da sostibilidade.
O "Plan Provincial Particip@" está concebido para a difusión e promoción da participación cidadá neste proxecto integral de sostibilidade. O plan inclúe foros de debate, programas de radio, obradoiros, conferencias e a creación dun "Xeoportal interactivo", que será unha plataforma virtual a modo de punto de encontro para os axentes sociais, que permitirá o intercambio de información. O "Plan Particip@" elabora tamén un manual de boas prácticas a seguir para a posta en marcha de programas sociais adaptados para cada municipio e aplicable a cada tipoloxía de concello da provincia de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que hai que apostar por unha "economía verde" e para elo é necesario "desenvolver iniciativas que fagan máis eficientes o uso dos recursos medioambientais nos nosos concellos". Baltar destaca que a Deputación de Ourense é a primeira de Galicia que lidera unha iniciativa medioambiental "en rede" a prol do desenvolvemento sostible dos concellos, "por medio da cooperación e do consenso político e social, o que permitirá abordar os problemas do medio ambiente de maneira conxunta e con máis eficiencia e aforro, pensando no benestar dos cidadáns do presente e do futuro".
As actividades do Plan Particip@ desenvolveranse ao longo do presente mes de febreiro. Mañá no Barco de Valdeorras, en horario de 10.00 a 13.00 horas habilitarse un stand na feira cunha exposición do uso da reciclaxe selectiva e unha exhibición do xeoportal interactivo, elaborado con datos do Observatorio da Sostibilidade Provincial. Asemade, informarase aos cidadáns sobre a mobilidade sostible e de como poden axudar a reducir as emisións de CO2, derivadas do transporte no seu municipio, con boas prácticas como o préstamo de bicicletas, compartindo vehículos e mesmo promovendo os desprazamentos a pé. Tamén se realizarán enquisas entre os veciños para coñecer as súas valoracións referidas a este programa e ás boas prácticas medioambientais.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.