Notas de prensa

Os Príncipes de Asturias visitan o pavillón de Galicia na XXXIV Feira Fitur en Madrid

O pavillón de Turismo de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid acolleu na xornada inaugural oito presentacións sobre os destinos Santiago, Ribeira Sacra, Verín-Viana, Ferrol, A Coruña, cidade e provincia, e mais a provincia de Lugo, ante a mirada dos Príncipes de Asturias.

A XXXIV edición de Fitur deu comezou en Madrid coa participación de 167 países e máis de 120 mil profesionais do sector. O acto inaugural da Feira Internacional de Turismo estivo presidido polos Príncipes de Asturias, que realizaron un percorrido polo recinto. Na visita foron recibidos no pavillón de Galicia polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que reiterou o seu recoñecemento á S.A.R. o Príncipe de Asturias polo seu apoio constante á Ruta Xacobea e por ser o primeiro Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, título que lle foi concedido recentemente pola súa condición de peregrino e divulgador dos valores xacobeos no mundo. O presidente estivo acompañado durante o acto de recepción pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os Príncipes de Asturias visitaron o pavillón galego, que nos tres días de feira dedicados ao público profesional, acollerá 25 presentacións dos destinos galegos dirixidas a axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación especializados. O pavillón de Turismo de Galicia conta cunha superficie de 967 metros cadrados e cunha estética que se caracteriza pola utilización de materiais naturais para incidir na imaxe de Galicia como destino sustentable.

O pavillón do turismo galego conta cos seguintes módulos expositivos: Galicia; establecementos con Q de Calidade Turística; as catro provincias galegas; o turismo de cidade; o Camiño de Santiago e o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e máis experiencias turísticas en Galicia.

Presentacións da primeira xornada

O salón de actos do pavillón galego acolleu as presentacións de Turismo de Santiago, Turismo da Coruña, o Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Expourense e o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia.

Bandeiras Estacións Náuticas

NotaA directora de Turismo de Galicia participa tamén no acto de entrega de Bandeiras de Estacións Náuticas que certifica a calidade e profesionalización dos destinos para acoller turistas náutico-deportivos. Estacións Náuticas concede os galardóns Bandeira Estacións Náuticas aos destinos membros do Club de Produto de Turismo Náutico de Turespaña, no marco de Fitur.

O recoñecemento destaca as excelentes condicións para a práctica de deportes náuticos dun destino, o impulso de actuacións para enfocar o destino cara ao eido náutico ou a existencia de produtos especializados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES