O informe 'Sitios web turísticos das comunidades autónomas españolas', coordinado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, conclúe que a web de Turismo de Galicia é o mellor de todos os portais turísticos institucionais de España, unha vez analizados os das 17 territorios españois.
Este informe, publicado en xaneiro de 2014 reflicte que o sitio web oficial de Galicia salienta en todos os parámetros da análise e perfílase como un sitio web atractivo, de fácil consulta e eficaz, no sentido que resulta persuasivo para os usuarios.
Ademais, indícase neste estudo que a web do turismo galego sobresae na súa calidade técnica e revélase como un exemplo a seguir no xeito en que concibe os seus textos e as súas imaxes para que acheguen razóns obxectivas e emocionais para visitar o destino.
Imaxe de marca
A Universidade Pompeu Fabra indica que o sitio web turístico de Galicia compórtase moi por riba da media en imaxe de marca e comunicación móbil. No primeiro caso, grazas á axeitada utilización de pezas audiovisuais que reforzan a creación dunha identidade emocional para a marca de destino e ao uso de narracións e mitos que alimentan o seu relato.
No caso da comunicación móbil, o estudo salienta a oferta de aplicacións e a súa dispoñibilidade para todo tipo de plataformas.
Para a Universidade Pompeu Fabra, a estratexia da mensaxe da web de Turismo de Galicia móstrase como a máis axeitada nas 17 webs oficiais de turismo das comunidades autónomas españolas. Isto débese, apunta o informe, a que en ocasións delega o rol enunciativo a emisores intermedios que reforzan o poder de convicción da mensaxe a causa de que é quen de xerar unha meirande empatía co usuario.
Parámetros avaliados
As características, parámetros, que analizou este traballo de investigación están os aspectos técnicos, que inclúen a arquitectura da información, a usabilidade e accesibilidade, e o posicionamento web.
Neste ámbito analizáronse tamén os aspectos comunicativos relacionados coa páxina de inicio, os idiomas e a calidade e cantidade do contido.
Tamén se avaliaron parámetros persuasivos que teñen que ver coa comercialización, a imaxe de marca e a análise discursiva.
Por último, o traballo coordinado pola Universidade Pompeu Fabra avaliou os aspectos relacionais, tales como a interactividade, a web social e a comunicación móbil.
En definitiva, este estudo constitúe unha ferramenta capaz de avaliar, individual ou colectivamente estudo de benchmarking-, a calidade de sitios web de destinos turísticos. Como resultado, ofrece datos sinxelos de comprender e que permiten avaliar facilmente o rendemento propio e o rendemento comparado con outros destinos, sexan ou non competidores.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.