Os membros da delegación do Centro de investigación e desenvolvemento en medicina de emerxencia da Universidade de Umeå (Suecia) visitaron hoxe as instalacións da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061 acompañados polo director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial; o director da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061, José Antonio Iglesias; o xerente de xestión integrada de Santiago, Luis Verde; e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz.
Britt-Inger Saveman, Ulf Björnstig e Rebecca Forsberg están visitando Galicia para recompilar e analizar os datos e experiencias do accidente de tren de Angrois, co fin de identificar os factores de éxito que permitan minimizar as consecuencias e mellorar a atención ás vítimas neste tipo de situacións.
O Centro de investigación e desenvolvemento en medicina de emerxencia da Universidade de Umeå forma parte do seu Departamento de Cirurxía e creouse no ano 2002 co apoio da Xunta Nacional de Saúde e Benestar Social. Os seus estudos céntranse principalmente en accidentes ferroviarios, accidentes de autobús, atentados contra transportes públicos e hipotermia.
Nestas liñas de traballo enmárcase esta viaxe, na que manterán reunións con diversos profesionais dependentes da Xunta de Galicia e na que inician un proxecto que terá un proceso de elaboración de varios meses. O obxectivo é compartir coñecementos e experiencias para acadar un maior coñecemento en termos de tipos de lesións nestes accidentes de elevada enerxía; e identificar os factores clave acerca do rescate e o traballo médico realizado.
Tamén estudarán as dificultades atopadas, sobre todo no referente ao rescate e traballo médico no lugar do sinistro, describindo as necesidades de coidados específicos; e valorarán o beneficio destas experiencias e a actuación levada a cabo en Santiago, co fin de seren adestradas en simulacros por outros servizos de emerxencia.
Trátase, en definitiva, de mellorar a experiencia en medicina de emerxencia en relación cos accidentes, co propósito de saber máis sobre a evacuación dos pacientes, a necesidade dos recursos e a organización, así como do resto de factores que inflúen neste tipo de situacións.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.