
O delegado da Organización Nacional de Cegos (ONCE) en Galicia, Manuel Martínez Pan, visitou a Deputación de Ourense, onde foi recibido polo seu titular, Manuel Baltar, xuntanza na estiveron acompañados pola presidenta do consello territorial da ONCE, Dolores Venancio, e polo delegado provincial da organización, Luis Domínguez Na reunión, Martínez Pan explicou ao presidente provincial as actividades e proxectos que a entidade que dirixe ten previsto levar a cabo en Galicia, para afondar no labor social que a ONCE ven realizando dende a súa creación, hai 75 anos, a prol das persoas con discapacidade.
Pola súa banda, Manuel Baltar agradeceu a visita e loubou o traballo de solidariedade e prestixio que a ONCE está a realizar na provincia de Ourense, e comentou en detalle as accións que a deputación está a realizar no ámbito dos servizos sociais, sinaladamente, as enmarcadas dentro do plan BenOurense, o primeiro plan provincial de servizos sociais na historia da institución, pioneiro tamén en Galicia, que ten na cooperación entre deputación e concellos a palabra clave para fortalecer e favorecer o crecemento económico e social dos municipios da nosa provincia pensando sempre nas persoas.
Baltar e Martínez Pan falaron tamén da colaboración institucional entre Deputación de Ourense e a ONCE que se formalizou o pasado verán, cando a provincia de Ourense foi a protagonista do cupón da ONCE que se premiou no Día de Galicia, o 25 de xullo, ao representar neste documento da organización social aos cinco entroidos máis importantes da provincia de Ourense: Laza, Manzaneda, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia, declarados de Interese Turístico. Neste senso, comentaron a posibilidade de seguir afondando no futuro na colaboración institucional para seguir potenciando os proxectos sociais na provincia de Ourense.
Manuel Baltar subliñou que a ONCE é unha das organizacións máis valoradas pola cidadanía, proba do ímprobo labor que fai a prol da integración das persoas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.