1º Para a USTG o proceso da construcción europea, que se fundamentou dende un principio na libertade do mercado e no recoñecimento dos dereitos humans, serviu para xerar o maior espacio de paÃses máis avanzados en libertade e democracia do mundo.
A necesidade de homologación de cada un dos paÃses membros, fixo posible a difusión e xeralización destos principios, á hora do seu crecimento e desenvolvemento, o que comportou unha importante, ainda que inacabada, cohesión social.
O Proxecto de Constitución Europea ven pois a consolidar o que xa se ten conquerido tras incorporar a Carta dos Dereitos e a constituir a base xurÃdica precisa para facer posibel o futuro debate sobre unha definición máis ambiciosa dos servicios públicos, a protección social e as condicións de respeto e promoción da diversidade cultural do conxunto de pobos e paises que conforman a Unión Europea.
2º Non embargantes, fronte á posición que vimos mantendo os sindicatos de xeralizar os dereitos dos traballadores, como mecanismo de elevar o mÃnimo común denominador social, os estados membros sempre se negaron e ata hoxe a xestión dos temas sociais siguen sendo da estricta competencia nacional, mentres que sua financiación esta condicionada polas decisións comunitarias. De tal xeito que os dereitos sociais e dos traballadores non foron recollidos nen na Carta dos Dereitos Fundamentais nen no proxecto da Constitución.
Faise preciso pois, que nun futuro inmediato, todas as forzas sociais e progresistas, aprestémonos a impulsar unha seria reforma do capitalismo para construir unha Europa máis solidaria que recoñeza plenamente os dereitos sociais dos traballadores.
3º Por outra banda, no tocante as aspiraciones de Galicia como paÃs, son recollidas no Proxecto de Constitución Europea ó recoller o principio da subsidiariedade, a participación das rexións e a autonomÃa local, de xeito que se posibilita o modelo autonómico e o recoñecimento da participación de Galicia en Europa, na defensa dos nosos lexÃtimos intereses.
4º A USTG Rexeita os argumentos de votar en contra para negociar unha mellor constitución, por non ser realistas, pois suporÃa unha crise na dinámica actual europea ao tempo que a victoria das forzas antieuropeas que temen unha Europa polÃticamente máis integrada. Para a USTG pois, non hai máis elección que manter unha Europa que se reforce progresivamente.
Hoxe por hoxe non hai perspectiva de millorar esta Constitución Europea e se non fose aprobada, a crise que se xerarÃa, non farÃa mais que empeorar a situación dos traballadores.
Consecontemente, o Comité Nacional de USTG, toma resolución de chamar a todolos traballadores e traballadoras a votar afirmativamente o Proxecto de Constitución, a pesar do recoñecimiento das carencias que presenta en materia social, porque suporá un novo pulo na construcción dunha Europa polÃtica no camiño cara a Europa Social e Solidaria que arelamos.