O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, participou en Bruxelas no 104º Pleno do Comité das Rexións (CdR), no que se aprobaron as prioridades políticas deste órgano para o ano 2014. A proposta da Xunta de Galicia xunto con outras tres rexións españolas, o CdR acordou elevar á Comisión Europea a recomendación de fomentar o emprego dos novos programas financeiros a favor de estratexias para afrontar os retos da crise demográfica europea.
Con esta iniciativa, Galicia avanza na concienciación suprarrexional e europea á respecto do problema demográfico, considerado como un dos retos políticos, económicos e sociais máis transcendentes para o futuro da Unión Europea. A inclusión dos retos da crise demográfica, xa identificados coma un obxectivo relevante no contexto dos fondos estruturais e outras políticas da UE, entre as prioridades políticas do Comité das Rexións abre a porta a futuras actividades e iniciativas sobre esta materia no programa de traballo do CdR do vindeiro ano.
Esta proposta, ademais, supón un paso máis tras a declaración institucional por un pacto demográfico, firmada en Oviedo o pasado día 28 de outubro polos gobernos de Castilla y León, Aragón, Asturias e Galicia, na que se acordaron diversas actuacións para a loita contra o declive da poboación. No eido comunitario e tal e como acordaron os representantes políticos das rexións implicadas, as medidas a favor dunha estratexia polo cambio demográfico deberán agora ser incluídas nas Estratexias Rexionais de Especialización Intelixente, no Contrato de Asociación entre o Estado e a Comisión Europea e nos futuros programas operativos rexionais. Deste xeito, será posible empregar o financiamento os fondos estruturais e de investimento europeos para levar a cabo estratexias contra a despoboamento e favorecer o recambio xeracional.
Impulso áacuicultura e ás estratexias macrorrexionais
Galicia tamén participou activamente noutros asuntos destacados da sesión plenaria, presentando 20 emendas a catro ditames de interese e incidencia na nosa Comunidade. É o caso do ditame para o desenvolvemento sostible da acuicultura na UE, na que a Xunta impulsou modificacións orientadas a garantir un marco igualitario en materia de normativa sanitaria, laboral e ambiental, tanto para os produtos producidos na UE como para os importados, a fin de evitar situacións de dumping.
Doutra banda, Galicia defendeu a inclusión da Estratexia Marítima integrada para o Atlántico entre as mencionadas no ditame sobre o valor engadido das estratexias macrorrexionais, o que permitirá que esta plataforma de colaboración entre as rexións da área atlántica sexa recoñecida como un instrumento eficaz na consecución de sinerxías e coordinación no emprego dos recursos, sen necesidade de crear novos niveis administrativos interrexionais.
O ditame sobre axudas estatais ao sector pesqueiro tamén foi seguido atentamente pola Xunta de Galicia, que propuxo seis emendas ao seu contido para facer notar a necesidade de incluír nos criterios de reparto das axudas as actividades de pesca artesanal ou marisqueo a pé, así como para solicitar que se permitan as axudas nos casos en que a falta de sostibilidade da actividade sexa debida a causas alleas, como a presenza de biotoxinas.
Galicia tamén avougou por introducir criterios de simplificación na xestión das axudas de urxencia, neste caso dentro do debate do ditame sobre o Fondo de Solidariedade da Unión Europea. Tal e como defendeu a Xunta de Galicia no Comité das Rexións, resulta moi apropiado reducir o custe da carga da xestión administrativa de aloxamentos, manutención ou sanidade, en situacións de emerxencia ou necesidade.
O pleno de Comité das Rexións tamén debateu e aprobou, entre outros, varios ditames cuxo contido e recomendacións resultan relevantes para os intereses galegos. Tal é o caso da opinión do CdR a respecto das axudas estatais aos aeroportos e as compañías aéreas, o marco para a futura política portuaria da UE ou o plan por unha industria siderúrxica competitiva e sostible en Europa.
O Comité das Rexións
O Comité das Rexións é a asemblea consultiva comunitaria na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. Está composto por 344 membros, 21 dos cales son españois. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio Presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Na actualidade Galicia participa en dúas das seis comisións do Comité das Rexións, na comisión de Cidadanía, Gobernanza, Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na comisión de Cohesión Territorial (COTER). A Fundación Galicia Europa A Fundación Galicia Europa realiza labores de asesoramento e apoio á participación galega no Comité das Rexións, tanto nas comisións de Cidadanía, Gobernanza, Asuntos Institucionais e Exteriores do Comité das Rexións (CIVEX) e COTER, como nas sesións plenarias deste órgano comunitario.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.