Notas de prensa

O Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova convocan o Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O gañador do certame será elixido entre os xornalistas galegos e recibirá a escultura Ãs Ceibes, creada por Manuel Patinha.

NotaA Sede de Caixanova en Vigo acolleu a presentación do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, que conta co apoio económico de Caixanova. O obxectivo do galardón é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou institución destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional,
libre e independente.
O acto incluiu a sinatura do convenio de colaboración entre as tres entidades, vixente nunha primeira fase ata o ano 2008, que garantirá a continuidade da iniciativa. O documento foi asinado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez; a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xúlia Díaz Sixto; e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea Vila.
Na súa intervención, Xosé Manuel Vega expresou o seu agradecemento a Caixanova polo compromiso coa defensa da liberdade de expresión que simboliza o premio. Engadiu que a concesión do mesmo debe servir á vez para rendirlles tributo ás persoas que como Xosé Couso perderon a vida no exercicio da súa profesión de xornalista, e que lles recorde ós gobernantes de tódolos países democráticos que o dereito á información é unha conquista histórica da humanidade que non pode ser cercenada en ningunha situación e baixo ningún pretexto. Vega dixo que o premio é unha mostra de solidariedade coa súa familia, que tan desamparada se sentiu.
O decano do CPXG verbalizou o seu desexo de que tódolos xornalistas galegos participen na elección do premiado e que este sexa realmente un símbolo da defensa da liberdade de expresión por toda unha traxectoria. A presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xúlia Díaz, sinalou que é un día importante para toda a profesión xornalística ó materializarse unha arela que mantiñamos dende a fundación da entidade. A morte de José Couso
non é unha máis, enfatizou, ó crearse unha sensación de impunidade e de orfandade pola morte do compañeiro. Este premio responde o clamor social xerado tralos acontecementos de abril de 2003
.
Pola súa banda, Guillermo Brea, director da Obra Social de Caixanova, lembrou a existencia dos outros dous premios de xornalismo da entidade, o Julio Camba e o Francisco Fernández del Riego, e salientou a aposta de Caixanova pola iniciativa.
Na presentación do certame ante os medios participou igualmente o autor da escultura que recibirá cada ano o premiado, o artista Manuel Patinha, que explicou a simboloxía da peza, denominada Ãs Ceibes. O escultor agradeceu a confianza depositada nel para facer esta obra arredor da liberdade de prensa, unha figura de aspecto feminino coronada coas ás da liberdade.Igualmente, apoiou a iniciativa o irmá de José Couso, Javier, quen quixo
estar presente no acto.
A importancia do premio radica en que será a profesión xornalística galega a que propoña e elixa en votación ó galardoado de cada edición. Igualmente, os organizadores queren personalizar na figura de José Couso a súa homenaxe a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.
O prazo de presentación de candidaturas quedou aberto, logo da formalización do acordo, e ata o día 28 de febreiro. Posteriormente, realizarase a votación a través de correo postal ou de internet entre os colexiados do CPXG e os socios do Club de Prensa, que suman xuntos preto de 1.200 xornalistas.
O nome do gañador darase a coñecer nunha rolda de prensa en Ferrol o Día Mundial da Liberdade de Prensa, o 3 de maio de 2005. Posteriormente, farase a entrega do premio -a mencionada escultura e o diploma acreditativo- nun acto solemne que incluirá unha conferencia do premiado e unha cea na cidade departamental.
Neste primeiro ano do galardón, os organizadores colocarán no marco dun acto institucional a escultura creada por Manuel Patinha nunha praza de Ferrol, cunha placa conmemorativa que lembrará permanentemente a necesidade e a importancia da liberdade de prensa. A escultura, feita en bronce, terá unha altura superior ós tres metros.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2005-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello 'aprobou a orde para a posta en marcha do Bono Peixe' que ofrecerá 'ata 50 €' para mercar peixe e marisco frescos nos establecementos da comunidade adheridos. Unha medida coa que a Xunta busca 'incentivar o consumo' destes produtos galegos que son sinónimo 'de excelencia e calidade' por todo o mundo e 'facer unha chamada atención' sobre o descenso destes alimentos na dieta que se está a vivir 'a nivel nacional, europeo e mundial e do que Galicia non é allea'.
Foto de la tercera plana (praia_mar.jpg) Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turística, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo. Coordinados polo catedrático Jesús Simal Gándara, investigadores e investigadoras dos grupos de Investigacións Agrarias e Alimentarias; Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea I conforman a representación da UVigo en AgroSpace.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES