Notas de prensa

A mediametraxe París, de Oliver Lage, en Cinemalugo.tv

O proxecto cinemalugo.tv, impulsado pola área de Cultura da Deputación, traballa na promoción e difusión do cinema galego, e particularmente aquel vencellado ás terras de Lugo. “París”, foi rodada nos Ancares e conta a historia duns amigos que deciden compartir unha experiencia cinematográfica.

A mediametraxe “París”, dirixida polo cineasta galego Óliver Laxe, xa forma parte dos fondos filmográficos de cinemalugo.tv, un espazo web impulsado pola área de Cultura da Deputación de Lugo que recolle o patrimonio audiovisual das comarcas de Lugo ao mesmo tempo que serve de pantalla para dar a coñecer o traballo dos novos creadores neste ámbito, no seu empeño por axudar a promoción e difusión do cinema galego, e particularmente aquel vencellado ás terras de Lugo.

“París”, mediametraxe de 30 minutos de duración, producida por Vicente Vázquez e Óliver Laxe, e dirixida por este último, foi rodada nos Ancares e conta a historia duns amigos deciden compartir unha experiencia cinematográfica en Galiza. O seu propósito é simple, filmar as cousas que lles gustan, sen ningún outro tipo de premisa ou obrigación. Queren que as imaxes reflictan o sentimento que os une a esa xente que se atopan no camiño.

Mostrando instantes concretos e puntuais do período vacacional, a modo instantáneas ou apuntamentos illados no caderno de viaxe Óliver Laxe vai presentando, desde os seus momentos de asueto, distintas cotidianidades dos seus próximos. Desprega retratos íntimos contidos entre paisaxes e potenciais relatos. Ante estas contemplacións o espectador sente como seu a representación da familia allea. Nostalxias amoldándose aos costumes do esparexemento. Aínda que un acaba preguntándose ao final, pero onde está París?.

O proxecto cinemalugo.tv está formado fundamentalmente por películas rodadas nestas terras: os actores, os directores e os guionistas, e os traballos desas persoas no ámbito do cinema. Non se trata dun proxecto pechado, e neste senso dende a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo fan un chamamento a todos aqueles a aquelas que queiran participar neste proxecto.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2013-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES