Notas de prensa

As fotografías gañadoras do 1º Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, na Deputación de Lugo

“Posesións para un esquecemento” do lucense Daniel Díaz Trigo, gañou este premio dentro do Outono Fotográfico, para promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento.

O nacionalista Mario Outeiro, delegado de Cultura da Deputación de Lugo, inaugurou na sala de exposicións da Deputación de Lugo a mostra fotográfica “Posesións para un esquecemento” do lucense Daniel Díaz Trigo, gañador do 1º Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. No acto participou o representante da outra administración que apoia o certame, José Jesús Ramos Ledo, xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo así como o autor da exposición, Daniel Díaz Trigo, e Xosé Lois Vázquez, director do Festival Outono Fotográfico e Vitor Nieves, comisario da exposición.

O proxecto “Posesións para un esquecemento", unha obra a cabalo entre o conceptual e o documental” foi a escollida polo xurado para outorgarlle o I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O premio ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Alén diso, pretende promover a creación dun espazo fotográfico no noso País que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores/as tanto nacionais como estranxeiros.

O 1º Premio Galicia de Fotografía Contemporánea está dotado con 16.000 euros, o que fai que sexa o premio fotográfico mellor dotado da península. Asemade, o premio non é un premio económico para o gañador, senón que está plantexado para crear un produto cultural que valore o proxecto, que publicite ao autor e que revalorice a creación artística galega, polo que se concedeu un único premio consistente na produción dunha exposición que itinerará durante cinco anos e na publicación dun libro.

A convocatoria foi secundada por autoras e autores de 10 países, con proxectos de grande calidade, polo que ao xurado foilles complicado chegar a quedarse cos de Antonio López Losada, Daniel Díaz Trigo e Jose Rodríguez Romay, que foron os tres finalistas.

O xurado estivo composto por Manuel Sendón, catedrático de fotografía na Facultade de BB.AA. de Pontevedra e co-director do CEF; Manuel Vilariño, Premio Nacional de fotografía do estado español; Ângela Mendes Ferreira, directora dos Encontros da Imagem; Xosé Lois Vázquez, Director do Outono Fotográfico; Vítor Nieves, Coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico e do Premio, Encarna Lago, Xerente da Rede Museística de Lugo e Mercedes Gallego, Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación universitaria en Ourense.

Daniel Díaz Trigo, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, acadou a unanimidade en canto a ser o proxecto mellor presentado e que reunía os requisitos que buscaba o xurado para un premio deste nivel. “Posesións para un esquecemento” é un proxecto no que Díaz Trigo investiu practicamente oito anos. Nel mestura o peso documental implícito desde o nacemento da fotografía, coa plasticidade e conceptualidade que o medio acadou co paso ao eido das grandes artes. O proxecto pretende pór de manifesto unha harmónica conxunción entre memoria colectiva e íntima, un paseo pausado polas lembranzas e o esquecemento, mais tamén polo seu territorio, acoutado nuns poucos quilómetros. O autor presenta o resultado da teima pola compilación de lembranzas que materializa en forma fotográfica para que non sufran o abandono na memoria persoal, e no maxín colectivo e institucional.


Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2013-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES