
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, acompañada do director da Oficina Española de Turismo en Moscú, Félix de Paz e mais do director de Marketing de Turkish Airlines, Ismail Selim Scirli realizou na capital moscovita dúas presentacións dirixidas a prensa especializada do sector turístico e mais aos axentes e touroperadores máis importantes do país.
A oferta diferencial do destino Galicia así como o Camiño de Santiago protagonizaron a exposición realizada por Nava Castro quen incidiu na posibilidade que a conectividade proporcionada pola aerolínea Turkish Airlines ofrece para os operadores do mercado ruso á hora de comercializar o destino Galicia. Galicia está unida con Moscova e coas cidades rusas de Sochi, Rostov-on-don, Ufa, Kazán, Novosiribirsh e San Petersburgo a través da conexión aérea directa de Galicia con Istambul.
Así, Nava Castro resaltou as posibilidades que o destino Galicia ofrece en relación co Camiño de Santiago, a natureza, a gastronomía, o termalismo ou o turismo activo e cultural. A directora de Turismo de Galicia recalcou que a nosa comunidade é a meta do Camiño de Santiago, o Camiño que fixo Europa e que a día de hoxe atrae unha media de 200 mil peregrinos ao ano e que conta dende 1987 coa declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo e dende 1993 coa de Patrimonio da Humanidade. Nava Castro fixo fincapé tamén nos outros tres Patrimonios da Humanidade de Galicia: a muralla de Lugo, a Torre de Hércules e mais a catedral e o casco histórico de Santiago de Compostela.
Ao tempo, incidiu nas potencialidades do noso destino no relacionado co turismo enogastronómico, coa calidade das materias primas e dos servizos que conforman a oferta de restauración da comunidade así como coa posibilidade de descubrir o noso territorio a través do enoturismo e das nosas cinco Denominacións de Orixe Protexida vitivinícolas. A natureza, como primeiro reclamo para os viaxeiros que visitan Galicia tamén ocupou un lugar destacado na presentación da directora de Turismo, quen incidiu nas potencialidades do destino para a práctica do turismo activo, o sendeirismo, a náutica, o golf, o surf, etc. De igual, modo, o turismo termal e as potencialidades de Galicia neste eido centraron boa parte da exposición, así como os recursos patrimonais, culturais, a etnografía e a artesanía.
Galicia, epicentro do turismo cultural
Durante a presentación, a directora de Turismo salientou tamén que grazas á celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, Galicia estase a converter no epicentro do turismo cultural, con múltiples eventos expositivos, culturais, congresuais ou artísticos que terán como sede a capital galega e as vilas polas que discorren as Rutas Xacobeas.
A acción promocional de Galicia contou nesta ocasión coa colaboración de Turkish Airlines así como coa colaboración da Oficina Española de Turismo en Moscova.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.