Notas de prensa

Nacen GCiencia, Miriades e Viaxe aos recordos, proxectos das bolsas iProx

Gciencia, Miriades e Viaxe aos recordos, tres dos catro proxectos seleccionados polo programa iProx do Colexio de Xornalistas e de Novagalicia Banco, veron onte a luz despois de catro meses de traballo. O cuarto, Galicia Soa, estará listo a finais do mes de decembro.

O portal Gciencia, de Eduardo Rolland e Pablo López Campos, é unha web informativo de ciencia galega, en galego, castelán e inglés, que trata de contar as novas sobre investigación que teñen lugar en Galicia e trasmitilas á sociedade.

Miríades é unha plataforma coordinada por Xurxo Salgado e Manuel Vilas, con dúas vertentes: unha técnica, con distribución de contidos multimedia en HD, e unha de contidos, elaborando reportaxes sobre a minaría en Galicia como mostra do potencial da plataforma.

Viaxe aos recordos recolle o traballo de investigación de Belén Blanco e Xela Cuñarro centrado na análise da a inmigración galega nun caso en concreto, o de Mercedes Bastón, viúva dun home que traballou, viviu e morreu en Holanda hai 30 anos. A web recolle as experiencias de Mercedes percorrendo os lugares onde estivo o seu marido anos atrás.

A finais de decembro presentarase o cuarto e último proxecto iProx,
Galicia Soa, no que aínda están a traballar.

As bolsas iProx son resultado dun convenio de colaboración asinado a finais de 2012 entre Novagalicia Banco e o Colexio de Xornalistas para a creación, organización e posta en marcha desta bolsa para xornalistas licenciados e/ou colexiados, froito do interese de Novagalicia por promover e dar saída a proxectos de comunicación que por causa da situación actual non poden ver a luz. O CPXG, como entidade que representa aos xornalistas
galegos, entre cuxas funcións está a de tratar de mellorar as condicións nas que os xornalistas levan a cabo os seus traballo, quixo ser o vehículo condutor da iniciativa, e agradece profundamente a Novagalicia Banco o seu interese por fomentar os proxectos innovadores dos profesionais da comunicación de Galicia.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), 2013-11-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES