Notas de prensa

Lorena Lores e os tríos de Marcelo Dellamea e Davide Salvado, en MICatlántica

A cantautora arxentina filla de galegos Lorena Lores combina o tango e o folk na súa actuación na SGAE e os grupos de Marcelo Dellamea e de Davide Salvado comparten escenario no CGAC. MICatlántica peza os espazos Expo, Lab e Fórum na Cidade da Cultura.

MICAtlántica, o primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas que desenvolven a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría de Cultura da Presidencia arxentina, mantén unha ampla oferta cultural galego-arxentina en Santiago de Compostela, no marco da que mañá terá lugar o recital de Lorena Lores e un concerto compartido entre os tríos de Davide Salvado e de Marcelo Dellamea, Hugo Dellamea & Ariel Sánchez.

Mentres, a actividade profesional arredor deste evento internacional remata hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, onde os representantes das 410 entidades culturais acreditadas desde diferentes puntos de Galicia, Arxentina, España e Portugal celebran nestes momentos as últimas reunións personalizadas de traballo. Esta é tamén a derradeira xornada de actividade nas zonas Expo e Lab, onde están a ter lugar as últimas mesas redondas e foros de debate sobre o negocio cultural nos seis eixos nos que se estrutura este evento: artes escénicas, audiovisual, música, deseño e artesanía, editorial e videoxogos.

Porén, a carteleira de actividades de acceso libre que MICAtlántica comparte co público xeral continuará mañá con dúas citas nas que as músicas galega e arxentina volverán compartir escenario. A primeira delas é a que protagonizará Lorena Lores, cantautora arxentina filla de galegos, a partir das 20.00 horas na Fundación SGAE.

‘Dúas beiras’

Baixo o título ‘Dúas beiras’, Lores ofrece un espectáculo musical de tango-folk, a partir do que nos achega unha tenra ollada sobre a historia da emigración, que ela coñece de primeira man, xa que medrou no seo da colectividade galega de Bos Aires.

A continuación, a actividade trasladarase ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), onde a partir das 21.30 horas actuarán o grupo arxentino que integran Marcelo Dellamea, Hugo Dellamea & Ariel Sánchez e o trío que encabeza o galego Davide Salvado.

O novísimo guitarrista Marcelo Dellamea xunto ao seu irmán Hugo Dellamea, á guitarra e á voz, e Ariel Sánchez na percusión integran este trío de música arxentina e latinoamericana que, a pesar da súa xuventude, ten recibido eloxiosas críticas por parte da prensa do seu país. En Santiago interpretarán temas do seu último disco, ‘Dos más uno’, a través do que percorren un amplo repertorio de clásicos do folclore e a música popular latinoamericana, ademais de ofrecer destacadas composicións propias.

A representación galega neste recital estará a cargo de Davide Salvado, considerado como unha das voces más carismáticas da música de Galicia. Tras dous anos xirando co seu primeiro disco en solitario, ‘Ãrnica PuraÂ’, producido por Eliseo Parra, Salvado está a presentar agora ‘O Ladrón de AmorodosÂ’, o seu novo espectáculo a trío xunto ao acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e o percusionista e gaiteiro Cristian Silva, no que a voz e as percusións tradicionais teñen todo o protagonismo.

Presentación de GalicianTunes

Entre as actividades programadas hoxe no Museo Centro Gaiás dentro da última xornada de mercado, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou nunha das mesas de presentación de proxectos para falar sobre GalicianTunes, o novo portal web para a promoción da música galega no exterior que a Consellería de Cultura e Educación acaba de poñer en marcha en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Sutil compartiu exposición con Fer Isella, coordinador de Música de MICA Arxentina e fundador da Plataforma Argentina de Música (PAM), unha ferramenta web para a interrelación entre os profesionais da industria musical.

Esta tarde, ademais, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director nacional de Industrias Culturales de Arxentina, Rodolfo Hamawi; e a subdirectora xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas do Goberno de España, Begoña Cerro, interveñen na mesa ‘Industrias Culturais: xeración de riqueza e emprego’, mentres que o director do Centro Dramático Galego (CDG), Manuel Guede Oliva, modera un dos últimos foros de debate de MICAtlántica baixo o título ‘Claves para pensar as artes escénicas no ámbito iberoamericano’.

O programa completo de MICAtlántica está dispoñible en www.micatlantica.org.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES