Notas de prensa

Pontevedra, sede do V encontro galego de escolas asociadas da Unesco

14 centros educativos conforman a rede de escolas asociadas da Unesco en Galicia (redPEA). Nesta edición de 2013 conmemórase, ademáis, o 60º aniversario do Plan que vencella a estas escoas coa Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, na procura dunha educación de calidade inclusiva, igualitaria, comprometida co entorno e capacidade de transformar a sociedade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; participou na inauguración do V encontro galego de Escolas Asociadas da UNESCO (redPEA) – en Galicia un total de 14 centros- , un acto celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra no ano no que ademais se conmemora o 60 aniversario do plan que vincula a estes centros educativos á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

Durante a súa intervención o director xeral salientou o compromiso dos centros que conforman a rede “por unha educación de calidade inclusiva, igualitaria, comprometida co entorno e con capacidade para transformar a sociedade”. Neste sentido lembrou que os membros galegos da redPEA acumulan un número grande de recoñecementos autonómicos, estatais e internacionais “e son un exemplo a seguir polo resto das escolas galegas”.

O director xeral sinalou o encontro como un medio •para que conceptos como mobilidade, formación integral do alumnado, interculturalidade, ou implicación do profesorado, sexan moito máis e se convertan, en estímulos positivos e en realidades de éxito•. Deste xeito felicitou ao alumnado, aos docentes e as familias acompañantes “por tanto empeño e tanta ilusión” no traballo que desenvolven “para coñecer, preservar e legar ás xeración futuras a diversidade natural e cultural do planeta”.

Ata o vindeiro mércores 27, e baixo o lema ’60 anos de Educación en Liberdade’, os asistentes ao encontro – están previstos máis de 150 alumnas e alumnos acompañados dos seus profesores- compartirán actividades educativas e lúdicas, nun contexto para o intercambio de experiencias e proxectos.

A rede galega de Escolas Asociadas da UNESCO está conformada por 14 centros educativos de infantil, primaria, secundaria e mesmo un conservatorio profesional – o da cidade do Lérez-, que no seu día a día traballan en iniciativas en prol do diálogo internacional e intercultural e o ensino de calidade. O obxectivo da rede a nivel mundial é educar aos mais novos en valores para conseguir a paz e o desenvolvemento sostible, tal e como quedou reflectido no foro internacional celebrado no mes de setembro en Corea para conmemorar o 60 aniversario da redPEA. Nado en 1953, o plan conta xa coa implicación de máis de 9.500 institucións educativas de 180 estados de todo o mundo, que comparten proxecto e iniciativas cos que os máis novos, apoiados polos docentes, buscan solucións coas que mellorar o estado dos dereitos humanos, a comprensión entre as diferentes culturas, ou a protección do medio ambiente, entre outros retos de futuro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES