Notas de prensa

Kepa Junquera presenta no Centrad da Deputación de Lugo o seu novo disco

No seu álbum Galiza colaboran dous fonsagradinos tocando a trompa galega, instrumento conservado case exclusivamente na Montaña Lucense e recuperado e posto en valor pola sección de instrumentos tradicionais do CENTRAD.

O músico Kepa Junkera presenta o mércores, 27 de novembro, no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación o seu novo disco Galiza. O músico emprega neste álbum instrumentos tradicionais galegos case esquecidos como a trompa de boca, precisamente o organismo provincial desenvolveu varias iniciativas para a recuperación e posta en valor deste aparello musical que se conservou, case de xeito exclusivo, na zona da Montaña Lucense.

O acto é gratuíto e aberto ó público. O artista falará da inspiración que o levou a empregar os instrumentos tradicionais galegos e estará acompañado por Daniel e Emilio Os Pando, dous intérpretes de trompa que colaboraron na gravación do disco. Tras unha breve presentación aberta á participación dos asistentes, interpretarán varias pezas incluída no seu último álbum.

O Centro de Artesanía e Deseño recupera o patrimonio artesán da provincia, entre o que destaca os instrumentos musicais tradicionais, algúns deles case esquecidos como a trompa galega que aparece no álbum de Kepa Junquera. No mes de setembro, a Deputación organizou unhas xornadas de recuperación e posta en valor deste instrumento na Fonsagrada con obradoiros de construción e interpretación da trompa. Na iniciativa para a posta en valor desta técnica profesional, participaron activamente Os Pandos, que colaboran co artista vasco neste álbum.

Homenaxe a Galicia

Kepa Junquera escolleu para o seu último disco instrumentos tradicionais galegos como a gaita, o acordeón galego, pandeiros e pandeiretas, considerando que encaixan á perfección co acordeón diatónico tradicional vasco. Máis de 200 artistas galegos de recoñecido prestixio participaron na gravación, como Cristina Pato, Luar na Lubre, Leilía, ou Treixadura, entre outros.

Fotografía: https://www.facebook.com/oficialkepajunkera

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2013-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES