
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero tinguindo de lila as Torres Hejduk da Cidade da Cultura. Con este xesto simbólico, o departamento que dirixe Xesús Vázquez quere amosar o seu rexeitamento a unha lacra social que este ano xa se cobrou a vida de máis de 60 mulleres en España e contribuír a sensibilizar a sociedade sobre este problema.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia a través do acordo de patrocinio alcanzado coa empresa eléctrica Iberdrola para a iluminación das Hejduk, tinguirá de lila a torre de cristal. Dotada dunha iluminación LED cunha ampla combinación de cores, a intervención acumula unha potencia de sete quilowatts repartida en varias liñas de alta capacidade.
O deseño da iluminación permite realizar unha gran gama de combinacións cromáticas, que poden verse desde distintos puntos de Santiago de Compostela, e que xa lle permitiu á Cidade da Cultura sumarse a outras convocatorias como a do Día Internacional contra o cancro de mama, cando as Hejduk se tornaron rosas.
As Torres Hejduk da Cidade da Cultura volverán lilas cor que identifica a loita contra a violencia de xénero- a noite do domingo ao luns, 25 de novembro, xornada na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Baixo o lema "Se a maltratas a ela, maltrátasme a min", a Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña institucional contra a violencia de xénero que ten por obxectivo sensibilizar á poboación da necesidade de erradicar esta lacra que constitúe un problema social de primeira magnitude.
A campaña foi presentada en rolda de prensa pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste; que explicaron que quixeron achegar esta mensaxe a sociedade galega cunha iniciativa protagonizada por dous homes coñecidos e recoñecidos no ámbito público da nosa comunidade. Deste xeito, o actor Federico Pérez e o campión mundial de triatlón Javier Gómez Noya puxeron cara, de xeito totalmente desinteresado, aos 40.000 carteis que se repartirán por todas as vilas e cidades de Galicia.
Así mesmo, López Abella explicou que a Xunta adheriuse a campaña institucional Hai saída, desenvolvida polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, por criterios de hamornización de mensaxe ante a lacra social da violencia de xénero e de racionalización dos recursos públicos, na liña habitual do Goberno galego.
A iniciativa desenvolverase nos medios de comunicación -prensa, radio e televisión- e nas redes sociais -Tuenti, Facebook e Twitter-, e está composta por vídeos e carteis protagonizados polos actores Imanol Arias, Mario Casas e Juanjo Artero. Segundo dixo López Abella, pretende dar unha mensaxe de esperanza ás mulleres vítimas de violencia de xénero e romper o silencio cómplice que as rodea porque hai saída.
Andaina contra a violencia de xénero
Doutra banda, no marco do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro luns, a Secretaria Xeral da Igualdade anunciou que este domingo terá lugar o Camiño ao respecto, unha andaina contra a violencia de xénero organizada pola Xunta de Galicia.
Susana López Abella animou a todos e todas a que se sumen ao percorrido que partirá as 11,00 da mañá do Monte do Gozo e rematará sobre as 12,30 horas na Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.
Trátase, segundo dixo, de promover a participación cidadá a prol do rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e de sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, valores que -engadiu- encarna o Camiño de Santiago.
Cifras en Galicia
Segundo os últimos datos oficiais, no primeiro semestre de 2013 en Galicia presentáronse 2.552 denuncias por malos tratos e no que vai de ano os xulgados galegos comunicaron un total de 884 medidas de protección; entre medidas cautelares, ordes de protección e ordes de afastamento.
Así mesmo Susana López Abella informou de que a día de hoxe un total de 226 mulleres vítimas de violencia de xénero en Galicia están a percibir algún tipo de axuda económica -periódica, pago único ou indemnización- habilitado pola Xunta de Galicia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.