Notas de prensa

Domingo Goás presenta en Lugo e Vilalba o libro: Por qué nunca fui de izquierdas

O avogado lucense e presidente da Cofradía do Capón de Vilalba, Domingo Goás, presentou en Lugo e na vila capital da Terra Chá o seu último libro titulado "Por qué nunca fui de izquierdas", coas súas experiencias vitais no contexto político de cada momento.

En Lugo e Vilalba foi presentado o libro "Por qué nunca fui de izquierdas", de Domingo Goás Chao: é o segundo libro deste avogado vilalbés residente en Madrid, presidente da Cofradía do Capón de Vilalba, e foi o primeiro español profesional do dereito que interveu diante do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, mesmo antes de que España ingresara na Unión Europea.

O libro, que a ese título engade o subtítulo de "ni nacionalista... pero sí liberal", é unha declaración do sentimento deste autor, baseado na súa experiencia vital que comeza nos seus anos mozos vilalbeses onde chegou a ser Tenente de Alcalde, pasando pola súa experiencia profesional en Madrid, unha etapa de traballos de Planificación Urbanística (unha das súas especialidades) nas dictaduras de dereitas na América do Sur, unha viaxe polos países de detrais do Telón de Aceiro a comezo dos anos setenta, e unha visión profunda dos acontecementos deste país nos últimos anos e no momento actual.

Domingo Goás Chao evidénciase fondamente liberal, e do libro despréndese unha absoluta independencia de partidos políticos ou correntes de opinión establecidas ou marcadas, e o duro contido ven constituir -mesmo como contrapunto a outro existente titulado "Por qué dejé de ser de izquierdas" -unha crítica aos reximes totalitarios dun ou doutro signo, pero tamén unha análise crítica da vida en democracia - partitocracia, como ven denunciar- en España nos últimos tempos.

NotaA presentación en Lugo efectuouse en Lugo na Galería Sargadelos, onde interviñeron Xesús Pérez Regueiro, Director de Sargadelos; Enrique Rivera, de editorial "De buena Tinta"; o xornalista Xulio Xiz, e o autor. En
Vilalba, na Casa da Cultura, interviñeron, ademáis do representante da Editorial, o autor e o xornalista vilalbés mencionado, o Alcalde da cidade, Gerardo Criado Guizán.

Fotografías: Carlos Rodríguez

X.X., 2013-11-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES