Notas de prensa

O Centro Superior de Hostelería de Galicia, finalista no Hyatt Student Prize 2013

A alumna Eleva Vázquez Candanedo, do Centro Superior de Hostelería de Galicia, foi seleccionada entre as 19 mellores escolas de Europa e é a única de España que compite neste certame que escolle ao mellor estudante internacional de xestión hoteleira.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia escolleu á súa alumna Elena Vázquez Candanedo, que realiza o último curso de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras para representalo na final do concurso Hyatt Studen Prize 2013, na que o centro dependente de Turismo de Galicia foi seleccionado entre as 19 mellores escolas de Europa.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia é a única escola española que participa neste certame, no que xa competiu en seis ocasións e quedou finalista en tres delas. O Hyatt Student Prize 2013 é un concurso que premia ao mellor estudante internacional de xestión hoteleira.

O xurado está encabezado por Carlo D’Asaro Biondo, presidente de operacións para o Sur e Este de Europa, Oriente Medio e África de Google. Ademais, del forman parte o responsable de ventas e marketing da divisón de Hyatt, Gerard Petit; o director xerente de Montblanc, Michel Adé; o presidente de Warner Bros Enterteinment Francia, Iris Knobloch; o responsable da División de Produtos Lácteos de Danone, Thomas Kunz; a representante de Aufeminin.com, Marie-Laure Sauty de Chalón; o director de marketing de Hyatt, John Wallis e mais o xornalista de televisión e locutor de radio Nikos Aliaga.

Unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago
O obxectivo do certame é premiar aos estudantes con máis talento da industria hoteleira e que estes teñan oportunidade de coñecer aos executivos de Hyatt e o estilo de xestión da empresa. O estudante distinguido co premio permanecerá unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago, o segundo estará unha semana na base de operacións rexional para Europa, África e Oriente Medio, que está en Zurich e o terceiro terá unha estadía dunha semana en París cos directores xerais da cadea na capital francesa.

A candidata do CSHG, Elena Vázquez Candanedo realizou prácticas no Hostal dos Reis Católicos; no Sheraton de Canarias; no Sofitel Luxury Hotels and Resorts de Bruxelas; e no Rocco Forte Hotels tamén de Bruxelas.

Xunto co CSHG compiten polos galardóns os alumnos do Institut Paul Bocuse, do ESSEC, de L’Ecole de Savignac, de The Hong Kong Polytecnich University, de Le Roches International School of Hotel Management e L’Ecole Hôlelière de Lausanne, ambas suízas; así como da alemana International University of Applied Sciences Bad Honnef.

Hyatt Hotels Corporation é unha compañía con sede en Chicago e con presenza en 45 países e composta por máis de 380 hoteis e complexos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES