A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na Comisión Técnica Sectorial de Asuntos Culturais, que se celebrou en Madrid na Secretaría de Estado de Cultura presidida polo responsable deste departamento, José María Lassalle.
A cooperación e coordinación dos poderes públicos na promoción, defensa e difusión da cultura é un obxectivo prioritario deste órgano de apoio á Conferencia Sectorial de Cultura. Para avanzar nesta dirección, a comisión celebrou esta mañá unha nova reunión na que se abordaron diversos temas de interese en materia cultural para a Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas.
En materia de promoción exterior, centraron o encontro o programa Europa Creativa e o V Congreso Iberoamericano de Cultura, que se celebrará en Zaragoza do 20 ao 22 de novembro. Tamén se informou dos proxectos internacionais previstos para o Ano de España en Xapón e da Mostra Espanha - Portugal 2013, así como do labor que está a impulsar o grupo de traballo de cooperación para promover a cultura como elemento esencial da proxección exterior da marca España.
Os centros directivos da Secretaría de Estado de Cultura tamén puxeron en común cos representantes das comunidades autónomas as principais iniciativas que están a realizar. A constitución do grupo de traballo para coordinar as actividades de fomento da lectura, a xiras das unidades artísticas do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) 2013-2014 e as redes e circuítos estatais que contan co seu apoio, o programa Platea para impulsar a programación conxunta de compañías de artes escénicas polas entidades locais e o INAEM e a proposta de creación dun grupo de traballo da cinematografía e o audiovisual foron algún dos asuntos que se presentaron na reunión.
Finalmente, as direccións xerais de Bellas Artes y Bienes Culturales e de Arquivos e Bibliotecas, o Insitituto de Cinematograífa y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e a Biblioteca Nacional de España informaron sobre o proceso de avaliación da normativa estatal e autonómica en materia de cultura, no marco do proxecto de Lei de garantía da unidade de mercado.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.