O Museo Histórico de Sargadelos acolle a presentación da obra O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos, de José María Leal Bóveda, con poemario e historias de Paco Rivas.
O acto, que promove o Padroado do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos -adscrito á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria-, dará comezo ás seis da tarde e contará coa presenza do propio autor así como do escritor Paco Rivas e do profesor Bernardo Penabade Abad como presentador e moderador.
José María Leal expón na obra os resultados da súa investigación sobre as distintas construcións que interveñen na elaboración e conservación primeiro da fariña e logo do pan, reivindicando o patrimonio industrial e a cultura tradicional asociada ao que denomina o ciclo do pan.
Leal Bóveda, experto en xeografía e en xestión de Patrimonio Cultural, ten publicados diversos libros de investigación sobre o patrimonio galego, e en concreto varios sobre estruturas singulares como os hórreos e os muíños.
Forma parte de destacados organismos culturais, mesmo internacionais como o Icomos (Unesco), sendo tamén membro asociado do Museo do Castro de Viladonga, o Museo do Pobo Galego e a Sociedade Galega de Xeografía.
O autor recibiu, entre outros recoñecementos, o premio especial de investigación etnográfica Alfredo García Alén do Museo de Pontevedra en dúas ocasións- e o Premio Zéneca Agro Un anaco da nosa Cultura.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.