Notas de prensa

Homenaxe á xornalista e escritora galega Sofía Casanova como gran europea

Sofía Casanova foi pioneira na reivindicación feminina, gardando un indubidable parentesco con figuras como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou María Casares, entre outras. A xornalista e escritora galega foi homenaxeada en Compostela.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse durante o acto de homenaxe á escritora e xornalista, a Sofía Casanova como unha “gran europea” que tivo a virtude de facerse cidadá adoptiva dos lugares que percorreu. “En medio do marasmo do seu tempo, intuíu a idea de Europa. Esta galega e polaca leva en si mesma o xerme da Europa que hoxe coñecemos”, aseverou.

Ao longo da súa intervención, Feijóo subliñou que unha feliz casualidade fai que converxan nela dous compoñentes do europeísmo. “En primeiro lugar -dixo-, unha Galicia onde culmina o Camiño que dá forma á idea europea. Na ida cara á Compostela, camiñan homes e mulleres de variada procedencia que necesitan un horizonte novo. Á volta, todos eles se transformaron nun ser novo: o europeo. Cada un sementa ao seu regreso unha semente de europeísmo que finalmente haberá de converterse na Europa unida. Despois, a Polonia á que a sorte depara servir de cruce de camiños, de lugar de encontro non sempre pacífico de pobos e culturas. Polonia e Galicia, Galicia e Polonia, teñen en común o ter visto en Europa o Camiño definitivo para a súa realización. Ser polaco, ao igual que ser galego, significa ser europeo. Sen Europa, tanto o carácter polaco como o galego, están incompletos”.

Así mesmo, Feijóo lembrou que Sofía Casanova foi tamén pioneira na reivindicación feminina, gardando un indubidable parentesco con figuras como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou María Casares, entre outras.

O titular da Xunta concluíu recoñecendo que, a pesar da súa traxectoria, tardouse en facerse xustiza con Sofía Casanova. “Non era fácil adscribila. Non era sinxelo etiquetala, ou convertela en icono dun ou doutro bando. Foi libre. E hai tempos en que a liberdade paga un custoso tributo en forma de esquecemento”, salientou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES