Notas de prensa

A XXVI Festa da Castaña do Courel, Festa de Interese Turístico Galego

Celébrase os días 9 e 10 de novembro a degustación popular da castaña típica do Courel (Lugo), organizada polas localidades de Folgoso e Seoane que desde o ano 1986 se unen para fomentar o consumo deste produto típico galego.

A XXVI edición da Festa da Castaña do Courel celébrase o 9 e 10 de novembro, tralo seu recoñecemento coma Festa de Interese Turístico Galego. A cita anual desenvolverase este ano no campo da feira da localidade de Seoane do Courel. Os asistentes poderán disfrutar, a partir das 12 horas do sábado, dunha xornada festiva degustando as castañas do Caurel.

O Concello de Folgoso do Caurel promove a celebración o 9 de novembro a XXVI edición da Festa da castaña. Esta festividade que se organiza alternativamente nas localidades de Folgoso e na de Seoane dende o ano 1986, xurde do esforzo dun pobo con ansias de promover a súa riqueza e de mirar pola comunidade ennobrecendo a súa cultura e tradicións.

Os actos da festa da castaña desenvolveranse este ano en Seoane e, por primeira vez, faráo coa denominación de Festa de Interese Turístico de Galicia trala súa declaración como tal polo Consello da Xunta de 19 de setembro de este ano. O Concello do Courel solicitou esta declaración coñecedor de que esta festa cumpría os requisitos: antigüidade, singularidade, arraigo e o gran valor cultural como festa gastronómica.

A festa terá coma esceario o campo da feira de Seoane do Caurel, onde a partir das 12 horas poderanse degustar castañas en diversas presentacións (principalmente, asadas ao modo tradicional).

Os actos oficiais deste evento darán comezo ás 13:30 h coa lectura do pregón por parte de Manola Porto López, xornalista que dará unhas pinceladas máis culturais ao redor do mundo da castaña e o catedrático Antonio Rigueiro Rodríguez, director da Estación Científica do Courel e presidente do Consello Consultivo do Parque Natural das Fragas do Eume, quen dará unha visión máis cientifica da castaña e o seu aproveitamento.

A continuación, xa na Estación Científica do Courel, abrirase unha exposición de artesanía rural. Durante toda a xornada veciños e visitantes poderán acompañar as castañas e o viño de actuacións musicais, degustación de outros produtos derivados da castaña e da terra e tamén outros produtos de artesanía.

Valor estratéxico

Esta celebración pretende ser unha pequena homenaxe a castaña, reivindicando o seu valor estratéxico para as economías caurelás, xa que o castiñeiro e a castaña foron e seguen sendo o sustento de moitas familias. Ao redor deste produto galego desenvólvese unha actividade empresarial moi importante para a zona. Moitos particulares recollen as castañas e logo véndenas en fresco ou logo de secalas nos tradicionais sequeiros, sendo esta actividade moi importante para o desenvolvemento da zona. Dende antigo, a castaña do Courel é especialmente apreciada polo seu gusto inigualable.

Para o Concello do Courel que a Xunta declarase a Festa de Interese Turístico Galego supón o recoñecemento ao traballo feito a favor desta celebración e colócaa no lugar que se merece.
Este recoñecemento conleva unha achega económica que permite que esta festa alcance este ano un orzamento de preto de 10.000 euros, grazas ás aportacións da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial. Grazas tamén á declaración deste evento como de interese turístico autonómico, a Festa da Castaña do Courel dispón de máis fondos para poder custearse ano tras ano. Cómpre recordar que na organización da cita colaboran varias asociacións da zona, que participan activamente nesta importante cita para a promoción deste produto e do propio municipio, pretendendo que este festexo sexa un escaparate da nosa cultura, beleza paisaxística e gastronomía e das posibilidades turísticas da zona.
O Concello do Courel convida a tódolos galegos a participar esta fin de semana da Festa da Castaña do Courel prolongando a fin de semana nunha das paisaxes máis impresionantes de Galicia e aproveitando a hospitalidade da que os veciños do Courel fan gala tradicionalmente

Concello de Folgoso do Courel (Loca Castro, alcaldesa), 2013-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES