
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suxeriu a conveniencia de que o Senado se converta nunha institución que faga de embaxaidora da Cidade da Cultura e que difunda en todo o Estado a contribución cultural que o Gaiás vén desenvolvendo nos últimos anos. No decurso dunha xuntanza de traballo entre a comisión de Cultura da Cámara Alta e un equipo da consellería encabezado polo seu secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, quen os recibiu en nome do conselleiro, o representante da Xunta, explicou os eixos de actuación do plan estratéxico da Cidade da Cultura.
A delegación mixta de ambas as institucións, que ao longo da mañá percorreron as instalacións do Monte Gaiás, estivo composta pola presidenta da Comisión, María Gádor Ongil; a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Insúa; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz Loroño, ademais de outros representantes do Senado e da Consellería. A visita incluiu as torres Hejduk, que ata este domingo acolle a intervención Mar de Crebas, e os espazos ocupados polo centro de emprendemento creativo, o centro de innovación cultural, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia. Posteriormente toda a comitiva visitou a mostra Orinoco que pode ser visitada ata mediados do vindeiro mes de xaneiro de 2014.
Accións culturais
Durante o percorrido o secretario xeral técnico da Consellería destacou que a Cidade da Cultura é un espazo cun gran equipamento cultural. Nesta infraestrutura dixo- se celebran grandes actos todos os anos, e desenvolven unha actividade cultural vinculada a un sector produtivo que xera 21.000 empregos en Galicia e neste momento é unha oportunidade para crecer en tempos de crise.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.