A USC e a Fundación Vodafone España desenvolverán conxuntamente proxectos de formación e difusión vinculados coas TIC
A Universidade de Santiago e a Fundación Vodafone España desenvolverán conxuntamente proxectos no ámbito da formación de expertos asà como na organización de seminarios e xornadas de difusión sobre as TIC, de acordo co convenio marco de colaboración asinado entre o reitor compostelán, Senén Barro, e o director xeral da Fundación Vodafone, José Luis Ripoll.
Ademais, e segundo o documento asinado esta mañá, a Fundación Vodafone España asume o compromiso de patrocinar o funcionamento do sistema de novos servizos á comunidade universitaria baseados en mensaxerÃa SMS mediante o financiamento dunha bolsa para o desenvolvemento das aplicacións correspondentes.
Para o desenvolvemento deste marco xeral de colaboración se explorarán as posibilidades de formación de expertos da USC nas TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (TIC) relacionadas coa saúde e as discapacidades. Ademais, se avaliará o desenvolvemento de seminarios e xornadas de difusión do coñecemento en materias relacionadas coas TIC tanto nos seus aspectos tecnolóxicos como éticos. Neste senso, está prevista a celebración durante o primeiro semestre de 2005 dun primeiro seminario en Santiago, en colaboración co Centro de Estudos Avanzados, sobre Ciencia, Cultura e TecnoloxÃa.
A colaboración estenderase tamén ás accións de promoción e incentivación das actividades de voluntariado desenvolvidas dende a USC mediante o emprego de tecnoloxÃas móbiles e á exploración doutros estudos e traballos que fagan uso destas tecnoloxÃas no marco de proxectos de investigación, desenvolvemento ou innovación no seo da institución académica compostelá.
Para o seguemento e desenvolvemento deste convenio, constitúese unha Comisión de Seguemento que terá como representantes da USC ao director xeral da Ãrea de TecnoloxÃas da Información e as Comunicación, Javier Franco, e ao secretario xeral adxunto da USC, Carlos Gómez Otero, e por parte da Fundación Vodafone ao seu director técnico, Rafael Lamas Cedrón, e ao director rexional, Secundino Mauriz Aguado.
O convenio ten unha vixencia inicial de un ano dende a sinatura, prorrogándose automaticamente por perÃodos adicionais da mesma duración.
Gabinete de Comunicación USC, 2005-01-19
Actualidad

Alfonso Rueda informou de que o Consello 'aprobou a orde para a posta en marcha do Bono Peixe' que ofrecerá 'ata 50 €' para mercar peixe e marisco frescos nos establecementos da comunidade adheridos. Unha medida coa que a Xunta busca 'incentivar o consumo' destes produtos galegos que son sinónimo 'de excelencia e calidade' por todo o mundo e 'facer unha chamada atención' sobre o descenso destes alimentos na dieta que se está a vivir 'a nivel nacional, europeo e mundial e do que Galicia non é allea'.

Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turÃstica, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e AndalucÃa) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.
Notas
No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao.
Conectar os sectores agrÃcola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxÃas do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo. Coordinados polo catedrático Jesús Simal Gándara, investigadores e investigadoras dos grupos de Investigacións Agrarias e Alimentarias; TecnoloxÃas Aeroespaciais e Historia Contemporánea I conforman a representación da UVigo en AgroSpace.