
Os peregrinos que cheguen á última etapa do Camiño Francés a Santiago poderán ver a placa conmemorativa do Ano Dual España-Xapón. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e o embaixador de Xapón en España, Satoru Satoh, inauguraron o monolito no miradoiro do Monte do Gozo que conmemora os 400 anos de relacións entre ambos os países.
Entre os anos 2013 e 2014 celébrase o Ano Dual España-Xapón, que conmemora a chegada a España no ano 1614 da primeira delegación diplomática de carácter oficial enviada por Xapón a España, que saíu de Sendai en outubro de 1613. A delegación, que recibiu o nome de Embaixada Keicho. Este feito ten pasado á historia por tratarse dun dos máis importantes acontecementos nas relación bilaterais entre España e o país nipón.
No acto de inauguración do monolito estiveron presentes tamén o director xeral de Patrimonio do Goberno de Castela e León; a presidenta da Deputación de León e o alcalde de Santiago.
A directora de Turismo de Galicia resaltou, en declaracións aos medios, o feito de que o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano, ambos con declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, están irmandados. De igual modo, explicou que o monolito que hoxe se inaugura é un xeito de agradecer a presenza da Súa Alteza Real o Príncipe Naruhito en Galicia este mesmo ano. Así como que Turismo de Galicia visitará o país nipón en breve e os representantes institucionais terán ocasión de percorrer varios tramos do Camiño Kumano Kodo. De igual modo, avanzou que se traballa desde a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, na organización en 2014 dunha semana de Galicia en Xapón.
Pola súa banda, o embaixador de Xapón en España explicou que esta conmemoración do Ano Dual acadará gran relevancia para as relacións entre ambos os países. Satoru Satoh comentou tamén que el mesmo está a realizar algúns tramos do Camiño de Santiago, que comezou en León; e ao tempo, o embaixador de España en Xapón percorre o Camiño Kumano Kodo. Este é un xeito de intercambiar a experiencia e a espiritualidade das dúas peregrinacións, indicou Satoru Satoh.
Turistas e peregrinos xaponeses en Galicia
Xapón é o principal mercado turístico asiático de Galicia. Con preto de 9.800 viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade en 2012, Xapón representa o 1,3% do total do turismo internacional recibido en Galicia.
En termos dinámicos, o mercado xaponés rexistrou en 2012 un incremento importante dos seus niveis de demanda, superando nun 23% a cifra de viaxeiros e nun 9% o nivel de pernoitas do anterior ano 2011.
No Camiño de Santiago, Xapón é o segundo mercado asiático por detrás de Corea. Con 860 peregrinos rexistrados no pasado ano -cifra correspondente ao número de Compostelas expedidas pola Oficina do Peregrino supón o 1% do total de peregrinos estranxeiros chegados a Galicia. Un de cada cen peregrinos estranxeiros que chega a Galicia procede do país nipón.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.